Hemeroteca web | RSS  RSS     Domingo 26.04.2020 Actualizado 00:00
El Correo Gallego Radio Obradoiro CorreoTV Anova

Galicia Hoxe

Noticia 1 de 1 Galicia  |   RSS - Galicia RSS

Silencios que falan na película de José Luis Cuerda que este venres chega aos cines

Manuel Rivas destaca "a historia dos personaxes que están en loita continua"

A CORUÑA. EP  | 08.11.2012 
A- A+

O director José Luis Cuerda destacou que 'Todo é silencio', a adaptación cinematográfica da novela homónima de Manuel Rivas que chega este venres ás pantallas españolas, é "unha grande película" na que "os silencios falan tanto como as palabras".

Así o sinalou en A Coruña durante a presentación do filme cuxo guión está asinado tamén polo escritor galego e a súa repartición está encabezado por Quim Gutiérrez, Miguel Ángel Silvestre, Celia Freijeiro e Juan Diego.

O escenario desta fita é a paisaxe de Noitía, un pobo imaxinario no que dous adolescentes se separan e se reatopan 20 anos máis tarde, cando o contrabando derivou en narcotráfico e a costa está dominada polo negocio da droga.

En rolda de prensa, Cuerda destacou que na película, que retrata o narcotráfico da costa galega, "non se ocultou nada do que aconteceu na realidade". "É unha película grande que trata moitos asuntos e con moita profundidade", comentou o director de cinema quen, tras rodar 'A lingua das bolboretas', volve recorrer a un texto de Rivas.

"PERSONAXES PROFUNDOS"

Entre os actores atopa Miguel Ángel Silvestre que nesta produción interpreta un narcotraficante "que teñen medo á soidade" e que "odia e detesta o poder pero é o que ambiciona dende pequeno", sinalou o actor.

Pola súa banda, a actriz Celia Freijeiro subliñou "a beleza" da película xa que "fala de sentimentos" e conta con "personaxes profundos".

"A DROGA DO PODER"

Precisamente, a historia dos propios personaxes é o que máis valorou Manuel Rivas. "O narcotráfico é o fondo histórico pero destaca a historia das persoas que están en loita continua", comentou o escritor galego.

"Hai outra droga que é a droga do poder", afirmou Rivas antes de asegurar que 'Todo é silencio' é "unha historia de paixóns" e "moi realista", continuou. "O mar é como un personaxe máis", apostilou.

Grupo Correo Gallego
Ante calquera dúbida, problema ou comentario nas páxinas de Galicia Hoxe envíe un e-mail a info@galicia-hoxe.com. Titularidade e política de privacidade. Política de Cookies
Auditoría Audiencia Sites
Titulares RSS