Hemeroteca web  |  RSS   RSS
Mércores 30.07.2014  | Actualizado 00.00

El Correo Gallego Radio Obradoiro CorreoTV Terras de Santiago Anova multiconsulting
Noticia 1 de 1 Galicia  |   RSS - Galicia RSS

O SAL DA TERRA

Silencios interesados

JOAQUIM VENTURA  | 15.12.2011 
A- A+

Sorprende ata certo punto a teima de certa prensa á hora de destapar as presuntas manobras de Iñaki Urdangarín en tanto que máximo representante hai uns anos de Noos. Unhas actividades (xa coñecidas hai tempo) que veñen de ser censuradas, nin que sexa moralmente, desde a xefatura do Estado e que motivaron polo de agora o afastamento do duque consorte de Palma dos actos oficiais da familia real.

Digo que sorprende esta teima, en paralelo a outras que máis que xornalismo de investigación eran auténtica intoxicación ao servizo de certos políticos, porque non amosaron o mesmo celo noutras operacións de expolio ás arcas públicas (Gürtel, por exemplo).

Unhas intoxicacións que resultan sospeitosas, como esoutras promovidas por ese ente fantasma chamado “Manos Limpias”, que ven de ser condecorado, na persoa do seu presidente, pola Fundación Franciso Franco pola querella presentada contra o xuíz Baltasar Garzón (querella semellante a outras que tocan asuntos tan dispares como o caso do bar Faisán ou o bloqueo de deputados cataláns por supostos “indignados”).

Botar un torpedo na liña de flotación da Monarquía é grave, alén de que os supostos feitos de Iñaki Urdangarín poidan ser obxecto de xuízo. Proxectil ao que hai que engadir esoutro contra a princesa Letizia, presentada por uns avogados católicos, por unhas supostas declaracións a favor do matrimonio homosexual feitas en Chile (en realidade, as declaracións foron dun dirixente gai despois de falar con ela e preguntarlle se lle parecía ben que en España fosen legais esas unións e en Chile non).

O que atopo en falta na prensa é unha reflexión sobre o papel dos dirixentes autonómicos (casualmente do PP en Valencia e en Palma) neses negocios a prol de Noos. Porque unha cousa é facturar con cifras inchadas (e tirar de aí un beneficio ilícito e opaco) é outra pagar por cousas que non se fixeron. E moitos dos actos concedidos a Noos non se levaron a ramo.

Daquela, por que non protestaron? Que papel tiveron, esactamente, a Generalitat valenciana, o concello de València e o Govern balear de Matas? Regalaron así, como quen non quere, os cartos? Por fume? Ou a cambio de que? Ás veces certos silencios resultan moi elocuentes. Postos a elexir, mellor saber de que imos morrer. E sempre será preferible un político eficaz –aínda que meta man na caixa- que un que sexa un inútil. Pero estes foron inútiles e presuntamente ladróns.

Escribe o teu comentario

Para escribir comentarios ás noticias, debes ser usuario rexistrado. De non selo rexístrate agora

1000 Caracteres dispoñibles

www.galiciahoxe.com eliminará os comentarios considerados ofensivos ou que vulneren a legalidade.

Grupo Correo Gallego
Ante calquera dúbida, problema ou comentario
nas páxinas de Galicia Hoxe envíe un
e-mail a info@galicia-hoxe.com.
Titularidade e política de privacidade. Política de Cookies
Auditoría Audiencia Sites
Titulares RSS