Hemeroteca web | RSS  RSS     Domingo 26.04.2020 Actualizado 00:00
El Correo Gallego Radio Obradoiro CorreoTV Anova

Galicia Hoxe

Noticia 1 de 1 Galicia  |   RSS - Galicia RSS

a debate

Simposio do IGEA sobre o sistema dos servizos sociais

A xornada será o xoves e nela participará, entre outros, o profesor Luis Moreno

REDACCIÓN   | 11.12.2010 
A- A+

O Instituco Galego de Estudos Europeos e Autonómicos (IGEA), presidido polo ex vicepresidente da Xunta e ex portavoz nacional do BNG, Anxo Quintana, celebrará, o próximo xoves, 16 de decembro, o Simposio O Sistema dos Servizos Sociais a Debate. A xornada, en colaboración coa Deputación de Lugo, terá lugar o no Salón de actos da Cámara de  Comercio de Lugo e pretende facer un  diagnóstico sobre a situación actual dos servizos sociais e a súa perspectiva de futuro ante os recortes orzamentarios das administracións públicas como consecuencia da crise económica.

A conferencia de clausura, a cargo do prestigioso profesor Luis Moreno do Centro de Ciencias Humanas e Sociais dependente do CSIC fará un achegamento a esta realidade baixo o título : Crise económica e cuarto piar do estado de Benestar, unha utopia? Ademais o IGEA pretende con este simposio facer un achegamento aos diferentes modelos de xestión dos servizos sociais públicos para o que haberá unha mesa redonda moderada polo presidente da Sociedade Galega de Xeriatría, Andrés Vazquez Piñeiro, na que participarán ponentes de diferentes comunidades autónomas.

O Simposio será inaugurado ás 9,30 da mañá pola deputada provincial María Xose Vega Buján e pola presidenta do Colexio de Traballo Social de Galicia María José Redondas.

Grupo Correo Gallego
Ante calquera dúbida, problema ou comentario nas páxinas de Galicia Hoxe envíe un e-mail a info@galicia-hoxe.com. Titularidade e política de privacidade. Política de Cookies
Auditoría Audiencia Sites
Titulares RSS