Hemeroteca web | RSS  RSS     Xoves 15.11.2018 Actualizado 14:21
El Correo Gallego Radio Obradoiro CorreoTV Anova

Galicia Hoxe

Noticia 1 de 1 Galicia  |   RSS - Galicia RSS

Sobe por segundo ano consecutivo o alumnado que estuda galego no Bierzo e Sanabria

Comisión de seguimento do galego no Bierzo e Sanabria
Comisión de seguimento do galego no Bierzo e Sanabria

07.11.2018 
A- A+

A comisión de seguimento do Programa de promoción da lingua galega no Bierzo e en Sanabria, asinado polos gobernos galego e castelán leonés no ano 2001, constatou na súa reunión anual que sobe por segundo ano consecutivo o alumnado que estuda galego no Bierzo e en Sanabria.

En concreto, un total de 1.112 estudantes seguen no presente curso escolar materias de lingua galega, fronte aos 1.101 do anterior. O incremento confírmase nos datos relativos ao ensino infantil e primario (que pasan de 905 matriculados a 927) e tamén nos da Escola Oficial de Idiomas de Ponferrada (que ten este curso 52 alumnos, fronte aos 44 do anterior).

Atendendo aos datos do tres últimos anos escolares, o incremento desde o curso 2016/2017 (no que 980 alumnos cursaron galego) é de 132 alumnos.

Grupo Correo Gallego
Ante calquera dúbida, problema ou comentario nas páxinas de Galicia Hoxe envíe un e-mail a info@galicia-hoxe.com. Titularidade e política de privacidade. Política de Cookies
Auditoría Audiencia Sites
Titulares RSS