Hemeroteca web  |  RSS   RSS
Domingo 19.05.2013  | Actualizado 17.06

El Correo Gallego Radio Obradoiro CorreoTV Terras de Santiago Anova multiconsulting
Santiagoteespera.com
Noticia 1 de 1 Galicia  |   RSS - Galicia RSS

LUCERNA DA PORTELA

Entre sobreiras e bidueiros, astutos troiteiros

XOSÉ M. LOBATO MARTÍNEZ  | 05.07.2012 
A- A+

Unha viaxe que comeza no regazo dese gran vixía das terras do medio, alí o agreste monte Faro mesmo se transforma nunha excelente ama de cría de enraizada fertilidade, malia tantas atencións, dende o primeiro gurgullar deste río, o seu é unha inquietude enfermiza por comezar sen demora a fuxir. Na súa tarxeta de presentación posúe esa característica tan propia de calquera río que se magnifica no escorregadizo Arnego coa súa auga levada.


Mauro, home de idade pesada, coñecedor das numerosas e fatigosas xornadas cos pés en dura oposición coas correntes acuosas dos incontables ríos e regatos de Galicia, sabe que estes esvaradíos son especialistas en abafar coas súas inspiracións bretemosas un territorio de sete capas e varias boinas.


Mais a paixón secreta de Mauro é príncipe coa beizón especial do pescador fuxe nervioso e inquedo, sen acougo ata ser consagrado nunha maratón líquida para realizar a inmersión dun diminuto torpedo mísil en forma de engado diabólico, lanzamento tras lanzamento en avance constante, unha procura sen pausa, atafego que provoca tanta necesidade vital en clara oposición, mais este encontrón de Arnego e Mauro é aceptado por o dúo, cadaquén exerce o seu rol sen reproches.


O hábil pescador iniciado cos restos reciclados dos vellos paraugas, na súa senectude goza de tanta vida buliciosa que o seu lema é unha transcrición fiel dos efluvios e latexos que percibe dos seres deste enclave. Así pode mergullarse e gozar dun universo de sensacións que entoan o seu salmo vital ao seu carón; son as sobreiras, o merlo, os castiñeiros, o caracol, os carballos, o ourizo, os amieiros, o escalo. Tamén a subxectiva presenza do frío e calor, o resoar das pedras e da auga. O de Mauro é un escoitar activo, unha observación imaxinativa que o transporta a ese mundo afastado da sapiencia natural.


Malia exhausta observación, dende hai tempo o pescador non logra intimar co mexillón e coa toupa de río, dúas xoias desaparecidas das augas do Arnego. O home é perfectamente coñecedor deste ecosistema, polo tanto non necesita de complexos programas de estudos e diagnósticos sobre a saúde dos mexillóns e toupas, tampouco enumerar a poboación actual destas especies no seu idealizado río.


O incansable ferro mísil, especialista nos mergullos constantes sentenza dende a súa óptica imparcial, para non ter que recuperar é obrigatorio conservar, pois os desaparecidos só logran alcanzar a categoría de fantasmas nas néboas do Arnego, os seus espíritos son agora as sombras dun desembolso xeneroso do proxecto LIFE 09. Proxecto que tenta mollar os pés despois de sacalos do estribo, a conclusión de tanto esforzo LIFE entoa unha hibrida sensación entre salmo e réquiem, por suposto en ningunha das alternativas emerxen os dous nativos ansiados, mexillón e toupa do Arnego.


Escribe o teu comentario

Para escribir comentarios ás noticias, debes ser usuario rexistrado. De non selo rexístrate agora

1000 Caracteres dispoñibles

www.galiciahoxe.com eliminará os comentarios considerados ofensivos ou que vulneren a legalidade.

Grupo Correo Gallego
Ante calquera dúbida, problema ou comentario
nas páxinas de Galicia Hoxe envíe un
e-mail a info@galicia-hoxe.com.
Titularidade e política de privacidade
Auditoría Audiencia Sites
Titulares RSS