Hemeroteca web  |  RSS   RSS
Martes 21.05.2013  | Actualizado 01.39

El Correo Gallego Radio Obradoiro CorreoTV Terras de Santiago Anova multiconsulting
Noticia 1 de 1 Galicia  |   RSS - Galicia RSS

pide a comparecencia de Feijóo

Os socialistas agoiran unha forte caída da economía galega polos recortes

El PSdeG calcula unha caída do 5% do PIB gallego e un descenso do 15% dos presupostos

SANTIAGO. EP  | 13.07.2012 
A- A+

O secretario xeral do PSdeG, Pachi Vázquez, esixiu a comparecencia do presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, no Parlamento galego para que "dea a cara" polos efectos que terán os recortes anunciado polo líder do Executivo central, Mariano Rajoy. Segundo denuncia, suporán 1.625 millóns menos para Galicia, un descenso do 15 por cento dos orzamentos galegos e unha caída do 5 por cento do PIB autonómico.

En rolda de prensa, Pachi Vázquez --acompañado do portavoz parlamentario, Abel Losada-- presentou a petición de comparecencia, que definiu como "a máis importante"  da lexislatura e do Parlamento autonómico. De feito, preguntouse "para que vale o Parlamento" se non comparece ante os deputados galegos o presidente da Xunta "no momento máis difícil da democracia".

Así, Vázquez acusou a Núñez Feijóo de "escapar a unha xira electoral para recadar votos" coa súa viaxe por Sudamérica que comeza este venres, no canto de dar explicacións aos cidadáns.

Escribe o teu comentario

Para escribir comentarios ás noticias, debes ser usuario rexistrado. De non selo rexístrate agora

1000 Caracteres dispoñibles

www.galiciahoxe.com eliminará os comentarios considerados ofensivos ou que vulneren a legalidade.

Grupo Correo Gallego
Ante calquera dúbida, problema ou comentario
nas páxinas de Galicia Hoxe envíe un
e-mail a info@galicia-hoxe.com.
Titularidade e política de privacidade
Auditoría Audiencia Sites
Titulares RSS