Hemeroteca web
|
RSS
Venres 24.05.2013
| Actualizado 09.08
polo dereito a asistencia sanitaria "universal"
SOS Sanidade Pública concéntrase na Coruña contra o copagamento
A CORUÑA. EP | 03.07.2012
Un centenar de persoas --segundo datos dos convocantes-- concentrouse este luns na Coruña en contra do decreto 16/2012 para protestar polo copagamento na sanidade e reivindicar o dereito a unha asistencia sanitaria "universal".
Segundo explicaron a Europa Press fontes da plataforma SOS Sanidade Pública, sobre unhas cen persoas acudiron á concentración fronte á delegación do Sergas na cidade herculina para protestar pola entrada en vigor do citado decreto, xa que supón "o inicio cara a un sistema sanitario con dobre cara".
Neste sentido, o colectivo denuncia que por un lado, as persoas con máis recursos económicos, poderán "pagar e ter unha boa asistencia sanitaria" e "o resto serán atendidos por unha sanidade pública de beneficencia, con menos recursos cada ano".
Por iso, SOS Sanidade Pública rexeita o "cambio de modelo sanitario" porque "hai xente que quedará" sen asistencia sanitaria" e "se perde a universalidade porque vai haber diferentes prestacións".
© 2013 www.galiciahoxe.com
Todos os dereitos reservados. Prohibida a
reprodución total ou parcial do contido sen a
expresa autorización do propietario.