Hemeroteca web | RSS  RSS     Xoves 15.11.2018 Actualizado 14:21
El Correo Gallego Radio Obradoiro CorreoTV Anova

Galicia Hoxe

Noticia 1 de 1 Galicia  |   RSS - Galicia RSS

O Supremo cárgalle aos clientes o imposto de hipotecas e Sánchez anuncia cambios na lei para que paguen os bancos

Pedro Sánchez en rolda de prensa
Pedro Sánchez en rolda de prensa

MADRID. EP  | 07.11.2018 
A- A+

O presidente do Goberno, Pedro Sánchez, anunciou este mércores que o Executivo aprobará mañá unha reforma do Imposto de Transmisións Patrimoniais e Actos Xurídicos Documentados para que os bancos sexan quen finalmente paguen este imposto nas hipotecas.

Nunha comparecencia no Palacio da Moncloa, Sánchez facía este anuncio tan só unhas horas despois de que a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Supremo fallase onte que son os clientes quen teñen que asumir o pago do imposto sobre hipotecas, corrixindo desta forma á sección do alto tribunal que innovou a doutrina a mediados de outubro e decidiu volver á xurisprudencia anterior, favorable ás entidades bancarias.

A decisión tomouse tras dúas xornadas de deliberacións sen que se superase a fractura existente na Sala. O fallo saíu por 15 votos fronte a 13.

Ante as críticas que este novo cambio do Supremo suscitou entre a práctica totalidade dos partidos políticos e as asociacións de consumidores, o Goberno decidiu introducir cambios normativos para que a partir de agora sexan os bancos quen paguen este imposto.

De feito, o propio presidente do Tribunal Supremo, Carlos Lesmes, pedía leste mesmo mércores ao Goberno que acometese unha reforma da lexislación hipotecaria para "clarificar" quen debe pagar o imposto sobre as hipotecas, xa que na súa opinión, "prodúcense problemas de interpretación cando as leis non son claras".

"Creo que agora mesmo, as Cortes Xerais teñen unha magnífica oportunidade, porque hai proxectos de lei en trámite, para clarificar de forma definitiva quen ten que ser o suxeito pasivo nos contratos de préstamos con garantía hipotecaria", sinalou.

Grupo Correo Gallego
Ante calquera dúbida, problema ou comentario nas páxinas de Galicia Hoxe envíe un e-mail a info@galicia-hoxe.com. Titularidade e política de privacidade. Política de Cookies
Auditoría Audiencia Sites
Titulares RSS