Hemeroteca web
|
RSS
Xoves 23.05.2013
| Actualizado 01.24
O Festival da Luz impulsado por Luz Casal no seu pobo natal Boimorto (A Coruña) cancelou a xornada dominical tras reunir a preto de seis mil acodes o pasado sábado. O evento, cuxa recadación irá destinada á a Asociación Española contra o Cancro (Aecc), suspendeu os concertos previsto para onte debido ao temporal de vento que afectou a boa parte de Galicia xerando alerta laranxa. Por outra banda confírmase a continuidade do evento.
“Debido á marabillosa resposta do público, non só pola cantidade de asistentes, senón polo agarimo co que recibistes a nosa proposta e as boas sensacións que cremos que deixou o festival entre os que vos achegastes a Boimorto, vos podemos confirmar que haberá unha segunda edición”, ha señalado la organización
