Hemeroteca web  |  RSS  RSS
Martes 22.05.2012  | Actualizado 12.06

El Correo Gallego Radio Obradoiro CorreoTV Tierras de Santiago Anova multiconsulting
Galicia Hoxe
Santiagoteespera.com
[Noticia 1 de 1] Galicia  |  RSS - Galicia RSS

A suspensión de primas "non afecta ao concurso eólico galego", di a Xunta

22.02.2012  O BNG cre que o plan do Executivo galego "morreu" coa decisión do Goberno central

0.0/5 [0 Voto/s]

0
Comparte en Tuenti
Diminuír texto Aumentar texto Recomendar Imprimir Atrás

SANTIAGO. EP

O director xeral de Industria, Enerxía e Minas, Ángel Bernardo Tahoces, defendeu este martes que a suspensión das primas ás enerxías renovables "non afecta ao concurso eólico galego", posto que os parques están aínda en tramitación e para cando se comecen a construír, en 2014, "haberá un marco retributivo".

Así o sostivo en resposta a unha pregunta do deputado do BNG Fernando Branco Parga na Comisión de Industria, Enerxía, Comercio e Turismo, na que o nacionalista afirmou que o concurso eólico "morreu", aínda que a Xunta "non o queira recoñecer.

Tahoces, pola súa banda, insistiu en que o proxecto ten futuro e indicou que "se non o houbese --o marco retributivo--" os parques eólicos do concurso galego "poderán sosterse" coa evolución prevista dos prezos de mercado.

Todos os parques admitidos polo Goberno galego menos un superan as 2.600 horas de produción, polo que o responsable de Industria, Enerxía e Minas afirmou que "son viables economicamente" cos prezos previstos.

Ademais, avalou a decisión do Ministerio de Industria de suspender as primas e argumentou que o responsable deste departamento, José Manuel Soria, recibiu "un sistema eléctrico que prima a ineficiencia, cun balance ao bordo do precipicio e moi caro". As familias españolas, censurou, pagan máis pola enerxía que a media europea.

"O Goberno dixo: Imos parar isto", defendeu e considerou que suspender temporalmente as primas é un xeito de cumprir o obxectivo legal marcado para 2012, para cando a "desviación" prevista do sistema é de 3.800 millóns de euros, o que supón que está 2.300 millóns por enriba do tope fixado.

Tahoces entregou uns "estudios" sobre o sistema eléctrico que recibiu o actual Goberno estatal. Así, asegurou que o 35% da enerxía está primada e que esa prima foi de 6.877 millóns en 2011. "Ao mellor é necesario modificar o mercado", suxeriu Tahoces, que apostou por que cada tecnoloxía "presente no mercado a súa oferta" integrando os seus custos variables e fixos.

O PP "CARGOUSE" O EÓLICO

Pola súa banda, Branco Parga afirmou que "o PP se cargou o maior plan industrial de Galicia", en alusión a que así referíronse en numerosas ocasións o presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, e o conselleiro de Economía, Javier Guerra, ao concurso eólico.

Os populares, continuou o deputado do BNG, "non están por discutir coas grandes eléctricas", e considerou que coa suspensión das primas lles deixan "o camiño aberto" a estas empresas.
Tahoces proclamou que "chegou o momento de facer unha estratexia enerxética nacional", que garanta a subministración, o respecto ao medio e o crecemento económico. "Se seguimos por este camiño faremos unha burbulla enerxética, igual que a inmobiliaria, e estalará", advertiu o director xeral.

Diminuír texto Aumentar texto Recomendar Imprimir Atrás
Comparte en Tuenti Comparte en Live Spaces Comparte en Menéame Comparte en Del.icio.us Comparte en Yahoo

Escribe o teu comentario

Para escribir comentarios ás noticias, debes ser usuario rexistrado.
De non selo rexístrate agora

1000 Caracteres dispoñibles

www.galiciahoxe.com eliminará os comentarios considerados ofensivos ou que vulneren a legalidade.

Grupo Correo Gallego
Ante calquera dúbida, problema ou comentario
nas páxinas de Galicia Hoxe envíe un
e-mail a info@galicia-hoxe.com.
Titularidade e política de privacidade
Auditoría Audiencia Sites
Titulares RSS