Hemeroteca web  |  RSS   RSS
Luns 29.09.2014  | Actualizado 20.14

El Correo Gallego Radio Obradoiro CorreoTV Terras de Santiago Anova multiconsulting
Noticia 1 de 1 Galicia  |   RSS - Galicia RSS

PORTA DE PALLA

A tecnoloxía amable

XOSÉ M. RIVAS TROITIÑO  | 07.10.2011 
A- A+

Os epitafios de Steve Jobs coinciden en que foi o inventor da tecnoloxía amable, ou sexa o que logrou facer doado o uso de complexas maquinas das que a maioría non sabiamos nada. É un momento para voltar a ollada atrás e decatarnos como escribiamos os xornalistas ou os docentes hai trinta anos. Lembro a impresión que me causou o primeiro Mac, no que redactei a tese de doutoramento. Canto me facilitou o traballo. Pero custa incluso recordar como traballabamos antes.

De antergo hai unha disputa sobre as bondades ou maldades da tecnica, que segue viva ainda coa enerxía nuclear según quen a teña ou queira tela. Como sempre, mais que a etica no uso dos descubrementos da cencia pesa a politica e o afan de control e poder. Non se pode esquecer que a internet xurdiu das investigacions militares. Poder ou avaricia son os motores inevitables desas busquedas que ao fin levanos a unha millor calidade de vida, xeneralmente, pero que tamen nos poden levar á catastrofe.

Jobs simboliza agora mesmo esa pleiade de pioneiros na mellora de instrumentos para a vida, pero a meirande parte deles viven e morren lonxe deste recoñecemento. Algúns son lembrados nos obituarios, outros nin eso. Quen se acorda do inventor da humilde fregona que fixo que as mulleres deixaran de limpar de xionllos? Nin siquera semella agora merecer recoñecemento, cando os adiantos na mediciña, nas telecomunicacións, en case todas as ramas da tecnica van a pasos de xigante. Sedentro de pouco nos esquecemos de Jobs siñificará que a tecnología nese eido seguirá avanzando. Millor pensar neso que nos que levan millons de euros de empresas que arruinaron.

Escribe o teu comentario

Para escribir comentarios ás noticias, debes ser usuario rexistrado. De non selo rexístrate agora

1000 Caracteres dispoñibles

www.galiciahoxe.com eliminará os comentarios considerados ofensivos ou que vulneren a legalidade.

Grupo Correo Gallego
Ante calquera dúbida, problema ou comentario
nas páxinas de Galicia Hoxe envíe un
e-mail a info@galicia-hoxe.com.
Titularidade e política de privacidade. Política de Cookies
Auditoría Audiencia Sites
Titulares RSS