Hemeroteca web | RSS  RSS     Venres 20.10.2017 Actualizado 13:07
El Correo Gallego Radio Obradoiro CorreoTV Anova multiconsulting

Galicia Hoxe

Noticia 1 de 1 Galicia  |   RSS - Galicia RSS

Temperaturas baixo cero en pleno agosto

Calvos de Randín rexistrou -1,6 graos e as mínimas de moitos lugares de Galicia baixaron dos 10 // A calor volve esta fin de semana

SANTIAGO/MADRID. EP  | 10.08.2017 
A- A+

O municipio ourensán de Xinzo de Limia rexistrou na madrugada deste xoves, en pleno mes de agosto, unha temperatura mínima por baixo do cero graos (-0,4º), segundo os datos da Axencia Estatal de Meteoroloxía (Aemet).

E é que segundo este organismo, as temperaturas máximas e mínimas deste mércores e xoves situáronse por baixo dos valores habituais aos que corresponden ao mes de agosto e durante a madrugada deste xoves rexistráronse mesmo xeadas en zonas que non son de alta montaña, aínda que ao longo dos próximos días os termómetros recuperarán a normalidade.

O portavoz do AEMET, Rubén do Campo, explicou a Europa Press que en Sanabria (Zamora), a 935 metros de altura, a pasada madrugada o mercurio descendeu ata -1,9 graos centígrados (ºC), a mínima máis baixa do país. Tamén precisou que en Naut Arán, a 2.467 metros, a mínima baixou ata -1,4ºC; en Xinzo de Limia (Ourense), a 616 metros de altura, rexistráronse -0,4ºC; en Rascafría (Madrid), a 1.159 metros, o termómetro caeu ata -0,3ºC e no Porto do Pico (Ávila), a 1.285 metros, quedaron en 0ºC.

Do Campo, sinalou que as mínimas estiveron por baixo por baixo dos valores normais en "todo" o país menos en Canarias, Almería e Málaga e en concreto, esta anomalía foi de 4 a 7 graos por baixo do normal na metade norte, Castela-A Mancha e a Comunidade Valenciá e tiveron temperaturas mínimas de entre 7 e 10 graos centígrados menos do normal en Castela e León e Pireneos Central.

De feito, apuntou que Madrid, con 12,7ºC tivo a súa mínima máis baixa para un mes de agosto desde 2007. En Matacán (Salamanca) a pasada madrugada o mercurio caeu ata 5,3ºC; Segovia, 6,1ºC; Ávila, 6,9ºC; Zamora, 8,1ºC; Valladolid, 8,4ºC; Ourense, 8,8ºC; Teruel, 8,9ºC; Lugo, 9,2ºC e Santiago de Compostela (A Coruña), 9,5ºC.

En canto ás máximas, o portavoz agregou que en "practicamente toda a metade norte" este mércores as temperaturas estiveron por baixo dos valores medios. En boa parte de Castela e León, Aragón e A Rioxa, as temperaturas foron entre 7 e 12 graos centígrados máis baixas do normal e nalgúns outros puntos como Baleares, tamén foron 7ºC máis baixas.

Estas temperaturas "contrastan" coas de Canarias, que tivo valores máis altos do habitual. Por exemplo, no aeroporto de Gran Canaria, a mínima foi de 23ºC e de 22,2ºC no aeroporto de Tenerife Norte. "Son algo máis altas do normal para un mes de agosto, aínda que non son unhas mínimas extraordinariamente altas", comentou.

O portavoz prognosticou que as temperaturas subirán a partir deste venres, tanto as máximas como as mínimas. Así, dixo que as mínimas subirán "especialmente" en Castela e León, onde subirán de 1 a 2 graos ata 3 graos nalgúns puntos, tamén no norte de Estremadura e oeste de Castela-A Mancha.

Tamén o sábado, domingo e luns as mínimas subirán de forma "paulatina" e "continuada", sobre todo o domingo, cando o ascenso, segundo do Campo, poderá ser notable, de 6 a 10 graos centígrados, na metade norte.

Respecto das máximas, que agora están entre 5 e 10 graos centígrados por baixo do normal, o portavoz dixo que subirán este venres de forma xeneralizada en todo o país, entre 2 e 4 graos centígrados o venres, excepto en Canarias, onde baixan.

O sábado seguirán subindo, "especialmente" no alto Ebro, é dicir, Navarra, País Vasco, Burgos, A Rioxa, onde pode ser unha subida notable. Respecto ao domingo, indicou que seguirán subindo, pero de maneira máis débil e sobre todo na metade norte mentres que xa o luns permanecerán sen cambios, excepto no Cantábrico, onde subirán de 6 a 10 graos centígrados. Sobre o martes, adiantou que subirán no Mediterráneo e na zona centro pero ese mesmo día baixarán de forma notable no terzo norte.

En definitiva, Do Campo resumiu que os valores de temperatura, que agora están por baixo do normal "tenderán" a recuperar os valores propios da época.

"Non haberá calores fortes na ponte, senón normais para mediados do mes de agosto", apostilou Do Campo, que dixo que a canícula de 2017, o período que vai do 15 de xullo ao 15 de agosto está a ser "máis fresca do habitual".

En todo caso, o portavoz confirmou que a finais desta semana, as temperaturas chegarán a uns 36 graos centígrados nos vales do Guadalquivir e do Guadiana; entre 32 e 34 graos centígrados na metade sur e na metade norte; ao redor de 30 ou 32 graos centígrados en Castela e León e "algo" máis altas no val do Ebro.

Grupo Correo Gallego
Ante calquera dúbida, problema ou comentario nas páxinas de Galicia Hoxe envíe un e-mail a info@galicia-hoxe.com. Titularidade e política de privacidade. Política de Cookies
Auditoría Audiencia Sites
Titulares RSS