Hemeroteca web | RSS  RSS     Xoves 20.02.2020 Actualizado 21:12
El Correo Gallego Radio Obradoiro CorreoTV Anova

Galicia Hoxe

Noticia 1 de 1 Galicia  |   RSS - Galicia RSS

O temporal deixa 400 incidencias en Galicia

Vivendas asologadas, árbores caídas e filtracións nos xulgados de Ferrol

SANTIAGO. EP  | 16.01.2020 
A- A+

Galicia rexistra preto de 400 incidencias polo temporal, nunha xornada con alerta laranxa con fortes choivas que deixan máis de 100 litros por metros cadrados nos municipios de Ribeira --na illa de Sálvora-- e Zas --Coto Muíño--, así como ventos de até 140 quilómetros por hora en Vimianzo.

A caída de árbores e ramas nas vías de circulación (55), accións de prevención de risco (48), inundacións en garaxes (44), bolsas de auga nas estradas (32) e vivendas alagadas (32) foron os incidentes que máis se repetiron, segundo informa o 112 Galicia.

Así mesmo, os xulgados de Ferrol padeceron filtracións nun lucernario, mentres a Xunta sinala que operarios traballan para o seu arranxo. Todo o perímetro foi acordoado para evitar accidentes.

Por provincias, a máis afectada foi A Coruña, onde se alcanzaron as 218 incidencias. Pontevedra sumou 109; seguida de Lugo, con 33; e Ourense, con 13.

Ademais, o voo 532 de Iberia procedente de Madrid e cuxo destino era Vigo foi desviado ao aeroporto de Santiago de Compostela para a súa chegada sobre as 13,00 horas.

CONCELLOS MÁIS AFECTADOS
En canto aos concellos, destacan o de Santiago de Compostela e o de Ribeira con 22 incidencias, respectivamente; Porto do Son, con 18; e A Pobra do Caramiñal e Ferrol, con 12 en cada un deles.

Na provincia de Pontevedra, Vigo alcanzou as 12, O Grove sumou seis e na Estrada e Sanxenxo foron catro. En Lugo, no Concello de Monforte de Lemos rexistráronse cinco incidentes; seguido de Pantón (tres) e Cervo (dous). Por último, na provincia de Ourense, A Peroxa, A Gudiña e Taboadela rexistraron un incidente en cada un deles.

Grupo Correo Gallego
Ante calquera dúbida, problema ou comentario nas páxinas de Galicia Hoxe envíe un e-mail a info@galicia-hoxe.com. Titularidade e política de privacidade. Política de Cookies
Auditoría Audiencia Sites
Titulares RSS