Hemeroteca web
|
RSS
Domingo 19.05.2013
| Actualizado 17.06
Ten futuro algún dos proxectos de prensa en galego nos que andan a traballar distintos e animosos colectivos?
ALBERTE MARIÑO | 10.01.2012
Enterámonos no ciberespazo infinito de que un grupo de intelectuais, profesionais da comunicación e até políticos xuntaron xa trescentos mil euros para poñer a andar un novo medio en galego, e de que a iniciativa 'Vitaminas para o galego', impulsada por dezaseis medios, remata "con éxito" (sic) a súa primeira fase racadatoria ao "superar as expectativas" (sic) e xuntar nun mes escaso a incrible cantidade de catro mil euros! Con eses niveis de apoio e con esas valoracións baseadas no autoengano, enténdense perfectamente os fracasos históricos de todas as iniciativas de prensa en galego -até das máis serias- e resulta doado vaticinar que todo o que se faga quedará recluído no territorio do testemuñal. Como di un bo amigo cando escoita algo sobre proxectos en galego e apoios económicos: Son uns cachondos! Pois iso.
© 2013 www.galiciahoxe.com
Todos os dereitos reservados. Prohibida a
reprodución total ou parcial do contido sen a
expresa autorización do propietario.