Hemeroteca web | RSS  RSS     Venres 22.07.2016 Actualizado 21:11
El Correo Gallego Radio Obradoiro CorreoTV Anova multiconsulting
Noticia 1 de 1 Galicia  |   RSS - Galicia RSS

Teñen xa máis apoios financeiros e maior intención de voto os escindidos do Benegá, aínda sen conformar a súa alternativa electoral, que os que quedaron coa sigla de referencia no nacionalismo galego?

ALBERTE MARIÑO  | 04.04.2012 
A- A+

Parece ser que circula xa unha enquisa sobre intención de voto que lle dá vantaxe a un partido, coalición ou fronte, das xentes de Beiras, Bascuas, Táboas e outros grupos que abandonaron a casa común do nacionalismo. E parece, tamén, que contactos de personalidades interesadas no novo proxecto confirman unha boa predisposición de importantes empresarios do país, que apoiarían económicamente a aventura. Todo isto ten dos nervios aos coroneis da UPG, que intentan minimizar a calquera prezo as previsións de forte castigo nas eleccións autonómicas. Mentres, os escindidos seguen a traballar e na súa contorna até se comeza a falar de cabezas de lista. En concreto: Xosé Manuel Beiras na Coruña, Teresa Táboas en Pontevedra, Pérez Bouza en Ourense e Anxo Lage por Lugo. Pode que así sexa, pero a día de hoxe parece prematuro de máis falar de nomes fixos cando o proxecto e o programa están sen definir, e cando se poden producir sorpresas en forma de incorporacións que inflúan nas futuras listas.

Grupo Correo Gallego
Ante calquera dúbida, problema ou comentario nas páxinas de Galicia Hoxe envíe un e-mail a info@galicia-hoxe.com. Titularidade e política de privacidade. Política de Cookies
Auditoría Audiencia Sites
Titulares RSS