Hemeroteca web | RSS  RSS     Venres 19.07.2019 Actualizado 12:36
El Correo Gallego Radio Obradoiro CorreoTV Anova

Galicia Hoxe

Noticia 1 de 1 Galicia  |   RSS - Galicia RSS

Teresa Moure gaña o Premio Ramón Piñeiro de Ensayo

SANTIAGO. EP  | 28.12.2011 
A- A+

Paula Gómez del Valle
Teresa Moure
FOTO: Paula Gómez del Valle

A obra 'Queer-emos un mundo novo. Sobre cápsulas, xéneros e falsas clasificacións', da escritora Teresa Moure, resultou gañadora do Premio Ramón Piñeiro de Ensayo 2011, que organiza a Xunta e a Editorial Galaxia coa colaboración de Gas Natural Fenosa e o Centro Ramón Piñeiro.
O ensaio premiado nesta undécima edición do galardón, dotado con 6.000 euros, realiza unha aproximación á literatura galega dende a teoría Queer, reflexión que "transcende o literario e ten un claro potencial para incidir no debate social en Galicia" e na que tamén se analizan "os usos inclusivos da linguaxe".
O ensaio de Teresa Moure, que presentou co pseudónimo de Ramón Agrelo en alusión ao cuestionamiento de xénero, "vai máis alá da tradición feminista para criticar a construción das categorías home/muller e desmontar tanto a tradición hetero-normativa como a do propio feminismo".
O xurado, que concedeu o premio por maioría, resaltou a calidade media dos doce orixinais presentados a esta edición, así como a variedade de temas abordados neles.

Grupo Correo Gallego
Ante calquera dúbida, problema ou comentario nas páxinas de Galicia Hoxe envíe un e-mail a info@galicia-hoxe.com. Titularidade e política de privacidade. Política de Cookies
Auditoría Audiencia Sites
Titulares RSS