Hemeroteca web  |  RSS  RSS
Martes 22.05.2012  | Actualizado 12.06

El Correo Gallego Radio Obradoiro CorreoTV Tierras de Santiago Anova multiconsulting
Galicia Hoxe
Santiagoteespera.com
[Noticia 1 de 1] Galicia  |  RSS - Galicia RSS

Teresa Táboas deixa o escano no Parlamento por diferencias coa liña política do BNG

08.02.2012 

5.0/5 [2 Voto/s]

0
Comparte en Tuenti
Diminuír texto Aumentar texto Recomendar Imprimir Atrás

SANTIAGO. REDACCIÓN WEB

Teresa Táboas
Teresa Táboas

Teresa Táboas, deputada do BNG na Cámara galega e exconselleira de Vivenda no Goberno bipartito que presidiu Emilio Pérez Touriño, renunciou ao seu escano no Parlamento. Esta decisión xa lla comunicou ao portavoz da formación nacionalista, Guillerme Vázquez, aludindo a motivos por unha banda persoais e outros de índole política.

En relación ao ámbito político, Táboas lembroulle a Vázquez a súa defensa da necesidade de rexenerar e refundar o proxecto político do BNG, aínda que a militancia decidiu, "con incuestionable lexitimidade democrático", que non era preciso.

Finalmente, Teresa Táboas apela á honestidade e a coherencia para anunciar que é mellor que outra persoa máis identificada coa liña marcada pola última asemblea do BNG, ocupe o seu posto no Parlamento.

Estes días post-asemblea, tanto a corrente liderada por Xosé Manuel Beiras, Encontro Irmandiño, como a formación aliada +Galiza, dirixida por Carlos Aymerich, están a realizar análises que se plasmarán nunha reunión para decidir se permanecen no BNG ou se separan, até o punto de que se pospuxeron as designacións de responsables de área na formación nacionalista ata que as cousas estean máis claras.

Todo fai pensar que Teresa Táboas consolide a súa participación e compromiso na corrente liderada por Beiras, Encontro Irmandiño, á que se achegou explicitamente antes da asemblea de BNG e despois de deixar +Galiza.

Diminuír texto Aumentar texto Recomendar Imprimir Atrás
Comparte en Tuenti Comparte en Live Spaces Comparte en Menéame Comparte en Del.icio.us Comparte en Yahoo

Escribe o teu comentario

Para escribir comentarios ás noticias, debes ser usuario rexistrado.
De non selo rexístrate agora

1000 Caracteres dispoñibles

www.galiciahoxe.com eliminará os comentarios considerados ofensivos ou que vulneren a legalidade.

Grupo Correo Gallego
Ante calquera dúbida, problema ou comentario
nas páxinas de Galicia Hoxe envíe un
e-mail a info@galicia-hoxe.com.
Titularidade e política de privacidade
Auditoría Audiencia Sites
Titulares RSS