Hemeroteca web | RSS  RSS     Luns 10.12.2018 Actualizado 21:09
El Correo Gallego Radio Obradoiro CorreoTV Anova

Galicia Hoxe

Noticia 1 de 1 Galicia  |   RSS - Galicia RSS

Terra Galega elixe a Guillermo Sánchez Fojo como secretario xeral no III congreso

Chamou á unidade e afirmou que "máis que nunca" é necesario que os militantes sentan útiles"

SANTIAGO. EP  | 10.03.2012 
A- A+

Guillermo Sánchez Fojo

Terra Galega celebrou este sábado os seu III congreso, no que os 91 compromisarios elixiron como secretario xeral da formación a Guillermo Sánchez Fojo.

O partido indicou nunha nota de prensa que a maior parte dos seus delegados proceden da provincia de A Coruña, onde Tega ten a súa maior representación municipal, xa que conta con 19 dos 23 concelleiros que ten en total.

A xornada comezou en torno ás 11.30 horas e foi cara ás 13.00 horas cando se presentou a única candidatura á Secretaría Xeral. Ademais, foi elixido como vicepresidente Manuel Andrade Cristóbal; como presidente de honra, Pablo Padín; como secretaria de administración, Marián Ferriro; como secretario de Finanzas, Samuel Blanco; como coordinador da área de Organización, Alfonso Elias; como coordinadora da área de Igualdade e Mocidade, Charo Figueiras; como coordinador de Política Municipal, José Márquez; e como coordinadora de Políticas Institucionais, Laura Tasende.

Tras a súa proclamación como secretario xeral de Tega, Sánchez Fojo chamou á unidade e afirmou que "máis que nunca" é necesario que os militantes sentan útiles" nun partido no que "ninguén estea de máis nin ninguén sexa máis que ninguén".

Antes, no seu discurso de benvida, Pablo Padín agradeceu aos compromisarios e militantes o "traballo tan duro" feito nas últimas eleccións municipais para conseguir, "malia a situación, que Terra Galega non desaparecese do mapa".

Nos relatorios previos á elección, o partido apostou por facer un proxecto que "convenza a sociedade". "Debemos ofrecer unha alternativa clara, libre de interferencias que defendan intereses alleos aos da nosa terra, unha política centrada en Galicia", defendeu a formación. Entre as medidas, propón suprimir as deputacións provinciais en 2015 e construír un dique flotante en Ferrol.

Grupo Correo Gallego
Ante calquera dúbida, problema ou comentario nas páxinas de Galicia Hoxe envíe un e-mail a info@galicia-hoxe.com. Titularidade e política de privacidade. Política de Cookies
Auditoría Audiencia Sites
Titulares RSS