Hemeroteca web | RSS  RSS     Xoves 23.11.2017 Actualizado 20:32
El Correo Gallego Radio Obradoiro CorreoTV Anova multiconsulting

Galicia Hoxe

Noticia 1 de 1 Galicia  |   RSS - Galicia RSS

NOTICIAS COTIÁS

“The Hole” chega a Vigo

Foto do cartel co que se anunciou o espectáculo en Galicia, xunto a tres momentos de The Hole en Vigo - FOTO: RF
Foto do cartel co que se anunciou o espectáculo en Galicia, xunto a tres momentos de The Hole en Vigo - FOTO: RF

RUTH FERNÁNDEZ  | 05.05.2014 
A- A+

Calificado como espectáculo inclasificable por parte da crítica, o show de Paco León chegou a terras do Berbés o pasado mércores 30 de abril, permanecendo no teatro da Fundación Novacaixagalicia ata o domingo 4 de maio, despois de que en lugares coma Madrid acollese a máis de 250.000 espectadores. Xa no seu estreo en Vigo cumpriu coas expectativas,  enchendo o centro cultural de persoas de todas as idades e ideoloxías. Todos queríamos saber que pasaba alí… Como rezaba a mestra de cerimonias nesta ocasión, a Terremoto de Alcorcón, “hay que estar dentro del agujero… para salir del agujero”. función comezou en 2011 en Madrid para, despois de dúas exitosas tempadas, continuar una xira nacional con parada en Barcelona, Valencia, Vigo e outras ciudades.

“The Hole” é un espectáculo para adultos moi diferente, nunca visto, que xorde da colaboración de Paco León, o grupo de teatro Yllana e LetsGo, onde se mesturan o cabaré, o burlesque, o teatro, o circo, o striptease… con monólogos cheos de humor picante e momentos moi sensuais e provocadores, que xuntan na escea a artistas nacionais e internacionais de renome. O cineasta Álex de la Iglesia alabou varias veces o espectáculo, tras asistir en varias ocasións, dicindo que “Hole te transporta a otros mundos, como un Cirque du Soleil, pero más divertido, obsceno y procaz, un circo de cabaret terriblemente sexy […] ¿Que qué pienso de The Hole? ¿Qué se puede pensar de una obra de teatro musical, con números de acrobacia a la que vuelves cuatro veces? Una maravilla”. Do mesmo xeito Andreu Buenafuente e Berto Romero recoméndano.

RF
Espectáculo de humor e cabaret con números de acrobacia que finalizou cunha sesión de Photocall para os asistentes
FOTO: RF

Na lembranza queda a seguinte historia: a mestra de cerimonias, en Vigo a actriz e vedette madrileña Pepa Charro (que recentemente traballou con Almódovar en “Los amantes pasajeros”, noutros casos Álex O’ Dogherty ou Quequé, coma no pasado fixo Paco León) organiza na súa mansión unha festa para dar a coñecer a súa peculiar relación amorosa (con Cristóbal, un rato). Convida os seus amigos, que son atendidos pola ama de chaves e polos maiordomos (que se encargan de boa parte do entramado musical do show, cantando pezas axeitadas para cada escena). Comeza o espectáculo, facendo unha ‘oda’ ao desfrute da noite, do amor, da paixón, do sexo, en definitiva, facendo un chamamento ao tópico clásico do ‘carpe diem’. Si. Vivamos o momento!

O público vaise animando a medida que avanza a noite e saen a escena o patinador Nacho Sánchez, no seu papel de “Pony Loco”, o mesmo stripper que non deixa nada para a imaxinación e que se pasea polo patio de butacas durante o descanso, provocando que suba a temperatura de moitos dos asistentes que son obxecto das súas insinuacións eróticas. Outro dos momentos máis abraiantes prodúcese co suxerente baile de “Gynoid”, cheo de sensualidade nun momento de total escuridade no teatro. A pintura esvara sobre o corpo nuo cubrindo a pel, agarimándoa de brillos de luces fluorescentes que fan abrir os ollos por completo. Nin Marta Torres nin Vinila von Bismark deixan a ninguén indiferente no papel de “Madame” e “Gynoid”. Así quedan tamén as nosas pupilas ao ver os artistas que voan polo ceo facendo piruetas imposibles, ao estilo do Circo do Sol (que desfrutei o pasado decembro no Coliseum da Coruña), tal é o caso da regordeta “Marilyn” (Dilya) e das “Supernenas”, entre outros, sen por iso esquecer os acróbatas de solo, o “Dúo Flash”.

RF
A Terremoto de Alcorcón e Nacho Sánchez coas 'Supernenas' en Vigo
FOTO: RF

Descrito coma o espectáculo máis gamberro destes tempos, en “The Hole” hai tamén instantes para a crítica da actualidade política e social, tendo como fondo unha escenografía singular, cuns enormes labios vermellos que cambian de cor coa iluminación e que invitan, que ironizan, que provocan… O espectáculo englóbase dentro do trinta aniversario do Centro Cultural Novacaixagalicia, polo que se di que pasaron 9.629.000 persoas, asistindo a uns 40.950 espectáculos. A desfrútalo, a xira continúa! áis de 500.000 espectadores viron xa "The Hole", que agota as entradas en todas as cidades.

Ruth Fernández

Grupo Correo Gallego
Ante calquera dúbida, problema ou comentario nas páxinas de Galicia Hoxe envíe un e-mail a info@galicia-hoxe.com. Titularidade e política de privacidade. Política de Cookies
Auditoría Audiencia Sites
Titulares RSS