Hemeroteca web  |  RSS  RSS
Martes 22.05.2012  | Actualizado 12.06

El Correo Gallego Radio Obradoiro CorreoTV Tierras de Santiago Anova multiconsulting
Galicia Hoxe
Santiagoteespera.com
[Noticia 1 de 1] Galicia  |  RSS - Galicia RSS

DENDE VERIA

“Torres Queiruga, persoa non grata”

29.11.2011 

4.5/5 [19 Voto/s]

0
Comparte en Tuenti
Diminuír texto Aumentar texto Recomendar Imprimir Atrás

ELÍAS PÉREZ SÁNCHEZ

Unha vez máis o doutor en Teoloxía e Filosofía, Andrés Torres Queiruga sufriu nas súas carnes o celo inquisidor da Igrexa católica. Esta vez en Bilbao e polo bispo de Bilbao, Mario Iceta. “Deus Bo nun mundo inxusto”, a conferencia que Torres Queiruga pensaba pronunciar no Instituto Diocesano de Teoloxía e Pastoral de Bilbao (IDTP), foi inicialmente censurada por Monseñor Iceta, Bispo de Bilbao fiel ás ideoloxías conservadoras, clara aposta de Rouco no corazón de Euskadi, membro da Curia máis reaccionaria e ultra da Igrexa Vasca e simpatizante do Opus Dei.

Ao final parece que, logo de diversas negociacións permitirase ao teólogo galego intervir no IDTP baixo certas condicións. Condicións que nin os negociadores nin o propio Torres Queiruga fixeron públicas.

Coñecido é que o prestixioso e acreditado profesor segue sendo considerado como un teólogo incómodo, defensor dunha Igrexa democrática e dun pluralismo relixioso que rompe coa ríxida ortodoxia oficial, estreita e dogmática, da Igrexa actual. Con todo, Torres Queiruga, consciente da deriva conservadora da Igrexa e, a pesar das constantes censuras e críticas que nestes últimos tempos está recibindo, non abandona a prudencia, a benevolencia, a serenidade, a humildade e o compromiso relixioso e social que lle caracterizou sempre. Non sae nin sairá da súa boca unha palabra negativa fronte ao descaro inxusto co que se lle trata. É a diferenza entre un home que fai da tolerancia o principio fundamental da súa vida persoal, profesional e relixiosa e unha institución de peite e mantilla, anacrónica, déspota e insolente.

Alá eles! Pero cando rexorde a exaltación da intolerancia relixiosa en doses tan elevadas, calquera censurado pode converterse con facilidade en acosado e perseguido. E iso si que non me fai ningunha graza. Ningunha.

Diminuír texto Aumentar texto Recomendar Imprimir Atrás
Comparte en Tuenti Comparte en Live Spaces Comparte en Menéame Comparte en Del.icio.us Comparte en Yahoo

Escribe o teu comentario

Para escribir comentarios ás noticias, debes ser usuario rexistrado.
De non selo rexístrate agora

1000 Caracteres dispoñibles

www.galiciahoxe.com eliminará os comentarios considerados ofensivos ou que vulneren a legalidade.

Grupo Correo Gallego
Ante calquera dúbida, problema ou comentario
nas páxinas de Galicia Hoxe envíe un
e-mail a info@galicia-hoxe.com.
Titularidade e política de privacidade
Auditoría Audiencia Sites
Titulares RSS