Hemeroteca web | RSS  RSS     Domingo 26.04.2020 Actualizado 00:00
El Correo Gallego Radio Obradoiro CorreoTV Anova

Galicia Hoxe

Noticia 1 de 1 Galicia  |   RSS - Galicia RSS

Os traballadores afectados por ERTE dispáranse a 200.000 en Galicia

SANTIAGO. EP  | 06.04.2020 
A- A+

Galicia rexistra un total de 31.326 Expedientes de Regulación Temporal de Emprego (ERTE) con 199.993 traballadores afectados pola crise do coronavirus, segundo os datos da Xunta deste luns.

Deste xeito, os empregados inmersos nestes expedientes de regulación dispáranse un 25% respecto dos datos do pasado venres, con 40.000 traballadores máis, tendo en conta que agora o Goberno galego ofrece por primeira vez as cifras de empregados en ERTE de índole estatal que teñen repercusión en Galicia, que son 36.031.

A nivel autonómico hai 909 expedientes de regulación que afectan a 15.518 persoas. Por provincias, Pontevedra segue á cabeza en traballadores en afectados (65.037) en 10.863 ERTE. Séguelle A Coruña, con 55.088 traballadores e 12.003 expedientes.

A máis distancia están os 15.043 empregados en 3.808 ERTE na provincia de Ourense, así como os 13.276 traballadores en 3.743 expedientes.

Grupo Correo Gallego
Ante calquera dúbida, problema ou comentario nas páxinas de Galicia Hoxe envíe un e-mail a info@galicia-hoxe.com. Titularidade e política de privacidade. Política de Cookies
Auditoría Audiencia Sites
Titulares RSS