Hemeroteca web  |  RSS   RSS
Sábado 25.05.2013  | Actualizado 11.58

El Correo Gallego Radio Obradoiro CorreoTV Terras de Santiago Anova multiconsulting
Noticia 1 de 1 Galicia  |   RSS - Galicia RSS

protestarán o día da botadura do segundo LHD australiano

Traballadores de Navantia volverán mobilizarse o próximo martes, día 26

Piden que o apoio institucional do PP vaia da man de Navantia, por ser quen ten coñecemento das instalacións e capacidades

FERROL. EP  | 21.06.2012 
A- A+

Os traballadores directos e auxiliares de Navantia Fene-Ferrol realizarán novas mobilizacións de protesta, para reclamar ocupación e compromisos concretos por parte das administracións, e manteñen a cautela ante o anuncio realizado polo presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, de que o Goberno mexicano pedirá un presuposto á empresa naval pública española para a construción de buques quimiqueros.

Os traballadores aprobaron o novo calendario de mobilizacións nunha asemblea realizada na mañá deste mércores. Inclúese unha nova mobilización de protesta que terá lugar o martes 26 de xuño, na que participarán os operarios das plantas de Ferrol e Fene.

A segunda acción que se desenvolverá terá lugar o 4 de xullo. Coincidirá coa botadura do segundo dos dous buques que Navantia constrúe para a armada australiana, o 'LHD Adelaide'. Ignacio Naveiras, voceiro do comité, sinalou que a botadura será un "fito" na construción naval da bisbarra e servirá para demostrar que os traballadores "cumpren coa súa obriga", polo que esixirán ás administracións que respondan tamén dos compromisos adquiridos co sector e co seu futuro.

O calendario de mobilizacións aprobouse no día despois do anuncio realizado por Feijóo de que a petroleira mexicana Pemex, a través da Armada do país, solicitará presuposto a Navantia para a construción de buques quimiqueros.

O comité de empresa recibiu o anuncio con cautela. Así, Naveiras indicou que se trata dunha acción comercial máis das que desenvolve Navantia e que aínda que "é benvida", porque a construción de quimiqueros se podería adaptar á actividade dos estaleiros da Ría de Ferrol, de momento, "non pasa de aí".

Para Naveiras, "o anuncio vén dun descoñecemento do sector porque o único que serve alimentar estas posibilidades mediáticamente é para que entren en concurso outros competidores". Nesta liña, pediu que o apoio institucional que realice o Partido Popular o faga da man de Navantia, por ser quen ten coñecemento das instalacións, as súas capacidades e "os mellores momentos ou produtos que se poden desenvolver".

Escribe o teu comentario

Para escribir comentarios ás noticias, debes ser usuario rexistrado. De non selo rexístrate agora

1000 Caracteres dispoñibles

www.galiciahoxe.com eliminará os comentarios considerados ofensivos ou que vulneren a legalidade.

Grupo Correo Gallego
Ante calquera dúbida, problema ou comentario
nas páxinas de Galicia Hoxe envíe un
e-mail a info@galicia-hoxe.com.
Titularidade e política de privacidade
Auditoría Audiencia Sites
Titulares RSS