Hemeroteca web | RSS  RSS     Sábado 28.03.2020 Actualizado 20:30
El Correo Gallego Radio Obradoiro CorreoTV Anova

Galicia Hoxe

Noticia 1 de 1 Galicia  |   RSS - Galicia RSS

Este luns

Os traballadores de Ferroatlántica inician mobilizacións para esixir "un plan de viabilidade"

A CORUÑA. EP  | 17.02.2020 
A- A+

Os traballadores de Ferroatlántica iniciarán este luns mobilizacións "contra os recortes de produción e para esixir un plan de viabilidade", segundo informan. A primeira concentración será na fábrica de Brens, en Cee (A Coruña), e as protestas repetiranse en luns alternos.

As asembleas de traballadores e traballadoras de Ferroatlántica celebradas o pasado xoves nas fábricas de Cee e Dumbría aprobaron por unanimidade o calendario de mobilizacións proposto polo comité "para reclamar o arranque inmediato do forno 13 e retomar a produción normal no resto dos fornos".

Tamén buscan instar a Xunta a que convoque unha reunión a tres bandas (empresa, comité e administración) "na que demandar o plan de viabilidade e que se clarifiquen os termos do contrato de venda", explican.

As concentracións realizaranse diante das instalacións de Brens, a partir das 17,15 horas. A primeira será este luns, día 17, e a seguinte o luns 2 de marzo.

Ademais, o comité tamén remitiu un escrito a Augas de Galicia para que informe "de todos os procesos administrativos que puidese abrir por mor da operación de venda que Ferroatlántica acordou con TPG-Ithaka, tal e como se lle solicitou en reiteradas ocasións", recalcan.

 

Grupo Correo Gallego
Ante calquera dúbida, problema ou comentario nas páxinas de Galicia Hoxe envíe un e-mail a info@galicia-hoxe.com. Titularidade e política de privacidade. Política de Cookies
Auditoría Audiencia Sites
Titulares RSS