Hemeroteca web | RSS  RSS     Martes 25.09.2018 Actualizado 12:26
El Correo Gallego Radio Obradoiro CorreoTV Anova

Galicia Hoxe

Noticia 1 de 1 Galicia  |   RSS - Galicia RSS

Os traballadores de Sargadelos aproban revogar á delegada de UXT

A empresa asegura que cesará os despedimentos e o sindicato anuncia medidas legais

LUGO. EP  | 14.09.2018 
A- A+

Os traballadores de Sargadelos aprobaron revogar á delegada de UXT, Rogelia Mariña, nunha asemblea celebrada despois do anuncio da empresa de realizar 49 despedimentos (uns 25 xa executados), con ameaza de peche.

Segundo explicaron a Europa Press fontes sindicais, no encontro participaron 60 traballadores, dos que 45 votaron a favor da revogación, 11 en contra e 4 votos foron nulos.

Despois de coñecerse o resultado, fontes da dirección da empresa consideraron "positivo" o acordo alcanzado polos traballadores para desbloquear o conflito e avanzaron que cesarán os despedimentos.

Ademais, as mesmas fontes explicaron que a próxima semana a dirección da empresa prevé comezar a readmitir de forma paulatina a algúns dos traballadores que se viron afectados os despedimentos.

UXT ANUNCIA MEDIDAS LEGAIS
Pola súa banda, fontes de UXT anunciaron que tomarán "medidas legais" contra a empresa ao considerar que incorreu en "múltiples irregularidades" para conseguir a revogación desta sindicalista.

"Poremos unha denuncia ante a Garda Civil e o caso en mans dos avogados de UXT", explicaron estas fontes que aseguran que se impediu a entrada de membros do sindicato a esta asemblea.

Ademais, estas fontes lamentan que o accionista maioritario de Sargadelos, Segismundo García, utilice aos traballadores como "reféns" neste conflito e auguran que, após a decisión deste venres, Rogelia Martínez terá "encima da mesa a súa carta de despedimento".

Grupo Correo Gallego
Ante calquera dúbida, problema ou comentario nas páxinas de Galicia Hoxe envíe un e-mail a info@galicia-hoxe.com. Titularidade e política de privacidade. Política de Cookies
Auditoría Audiencia Sites
Titulares RSS