Hemeroteca web  |  RSS   RSS
Xoves 23.05.2013  | Actualizado 12.28

El Correo Gallego Radio Obradoiro CorreoTV Terras de Santiago Anova multiconsulting
Noticia 1 de 1 Galicia  |   RSS - Galicia RSS

loita contra os lumes nos montes

Tragsa reforzará o dispositivo galego contra incendios con 275 brigadistas

SANTIAGO. EP  | 20.07.2012 
A- A+

A Consellería do Medio Rural e do Mar encomendou á empresa pública Tragsa o reforzo do dispositivo a loita contra incendios coa contratación dun total de 275 brigadas de prevención e vixilancia móbil. Unha parte do operativo recollido no Plan de Prevención e Defensa contra Incendios Forestais (Pladiga 2012) ao que o departamento autonómico destina máis de 10,1 millóns.

Autorizouno este xoves o Goberno galego na súa reunión semanal, na que se deu luz verde a este acordo en virtude do cal Tragsa deberá achegar un total de 189 brigadas de prevención e defensa forestal e outras 86 de vixilancia móbil, segundo confirmou o conselleiro de Presidencia, Alfonso Rueda.

Segundo indicou o departamento que dirixe Rosa Quintana, cada un dos integrantes das brigadas deberá cumprir as recomendacións de selección de persoal en extinción, aprobadas polo Comité de Loita contra Incendios Forestais (CLIF), da Comisión Nacional de Protección da Natureza.

Esta encomenda ten un prazo de execución estimado de tres meses e as datas de inicio e fin poderán sufrir modificacións en función das condicións meteorolóxicas e dos criterios asociados ao risco forestal.

Así mesmo, as brigadas actuarán conforme ao establecido nos protocolos de actuación aprobados pro a Secretaría Xeral do Medio Rural e Montes para a prevención, vixilancia e extinción de incendios forestais contempladas no Pladiga 2012, no que se establece tanto a cadea de mando como o procedemento operativo.

Escribe o teu comentario

Para escribir comentarios ás noticias, debes ser usuario rexistrado. De non selo rexístrate agora

1000 Caracteres dispoñibles

www.galiciahoxe.com eliminará os comentarios considerados ofensivos ou que vulneren a legalidade.

Grupo Correo Gallego
Ante calquera dúbida, problema ou comentario
nas páxinas de Galicia Hoxe envíe un
e-mail a info@galicia-hoxe.com.
Titularidade e política de privacidade
Auditoría Audiencia Sites
Titulares RSS