Hemeroteca web  |  RSS   RSS
Sábado 18.05.2013  | Actualizado 11.27

El Correo Gallego Radio Obradoiro CorreoTV Terras de Santiago Anova multiconsulting
Santiagoteespera.com
Noticia 1 de 1 Galicia  |   RSS - Galicia RSS

"retribucións xustas"

UGT en Novagalicia propón que ningún salario supere os 100.000 euros

A central sindical sinala que 127 persoas cobran máis de 90.000

SANTIAGO. EP  | 10.07.2012 
A- A+

A sección sindical de UGT en Novagalicia Banco propuxo que ningún salario supere os 100.000 euros na entidade, na que 127 persoas teñen un salario anual por enriba de 90.000 euros, segundo indican nun escrito.

UGT argumenta que a súa intención é "adiantar posibles medidas máis beneficiosas para o equipo e máis rendibles para a entidade", en previsión das condicións que imporá a Unión Europea para acceder ao rescate bancario.

Así, o sindicato pide fixar "unha política de retribucións xustas e coherentes" e sinala que, con motivo da fusión déronse "bastantes disfuncións". "Consideramos que xa é hora de arranxar este problema", agrega UGT, que destaca que "os responsables da situación das dúas caixas --Caixa Galicia e Caixanova--" continúan "con niveis salariais desproporcionados e, o que é peor, en postos de responsabilidade".

Escribe o teu comentario

Para escribir comentarios ás noticias, debes ser usuario rexistrado. De non selo rexístrate agora

1000 Caracteres dispoñibles

www.galiciahoxe.com eliminará os comentarios considerados ofensivos ou que vulneren a legalidade.

Grupo Correo Gallego
Ante calquera dúbida, problema ou comentario
nas páxinas de Galicia Hoxe envíe un
e-mail a info@galicia-hoxe.com.
Titularidade e política de privacidade
Auditoría Audiencia Sites
Titulares RSS