Hemeroteca web
|
RSS
Mércores 22.05.2013
| Actualizado 14.10
Os actuais dirixentes da Xunta de Galicia, son os culpábeis en acelerar a agonía de certos problemas e non arranxalos polos que pasan diversos medios de comunicación. “Galicia Hoxe” foi víctima da falta de apoio moral e financieiro, dunha política castradora que guillotinou certos medios de comunicación como “Vieiros”, “A Peneira”, A Nosa Terra” e “Galicia Hoxe. Este último morreu con dignidade crítica, con sobriedade e rigor no que toca defender a nosa cultura e o noso idioma por medio dunha liberdade expresiva que se deu en seus redactores e colaboradores.
“Galicia Hoxe” foi enormemente depredada pola política antigalega do Sr. Núñez Feijóo e seus acólitos mais próximos, os señores Jesús Vázquez e Anxo Lorenzo, testaferros dunha política asimilista e contraria a todos os resortes de apoiar medios de comunicación en Galego. Pero si apoiando a outros medios de comunicación, con soberbias cantidades de euros, porque responden a imperativos caciquís dando apoio ás políticas do PP en Galiza.
Digamos que “Galicia Hoxe” non está totalmente eliminada, aínda que o formato dixital non chegue a suplantar o formato papel, tamén vemos no actual un aliciente de restauración para configurar unha nova orde estructural e abastecer aos lectores cun xornal en galego. “Galicia Hoxe” afogárona os antigalegos parapetados nas institucións, nunha etapa que deu pulo e respiro a unha información diaria para galegos e en galego. Coido que “Galicia Hoxe” vai sobrevivir ás tentativas dos francotiradores de eliminar idioma. Unha maneira de eliminar conciencia e pensamento que se apoian nos nosos referentes de ser, estar e loitar polo galego.
O “Galicia Hoxe” que rematou fai un ano, aínda proclama ese sentimento invulnerábel de liberdade e conquista polo que é noso, neste amplo espazo que nos toca vivir e compartir as esencias vivas que lexitiman a nosa idiosincrasia. “Galicia Hoxe” non é historia pasada, é simplemente un canle para continuar reivindicando medios de información abertos, independentes e en galego.
