Hemeroteca web | RSS  RSS     Mércores 13.12.2017 Actualizado 17:49
El Correo Gallego Radio Obradoiro CorreoTV Anova multiconsulting

Galicia Hoxe

Noticia 1 de 1 Galicia  |   RSS - Galicia RSS

Un estudo da USC constata que as redes sociais "perpetúan" roles de xénero e o machismo entre os adolescentes

Os mozos empregan máis Youtube e teñen de perfil fotos de deportistas, mentres que as mozas usan máis Whatsapp e teñen fotos "románticas"

O profesor de Ciencias da Educación Jorge García Marín, e Dolores Álvarez Pérez, vicerreitora de Estudantes, Cultura e Responsabilidade Social, na presentación do estudo  - FOTO: USC
O profesor de Ciencias da Educación Jorge García Marín, e Dolores Álvarez Pérez, vicerreitora de Estudantes, Cultura e Responsabilidade Social, na presentación do estudo - FOTO: USC

SANTIAGO. EP  | 19.04.2017 
A- A+

Un estudo da Universidade de Santiago de Compostela (USC) constata que as redes sociais "perpetúan" os estereotipos de xénero a través de "procesos de comunicación baseados en estruturas de dominación machistas".

Así o expuxo este mércores en rolda de prensa en Santiago o coordinador do estudo, o profesor de Ciencias da Educación Jorge García Marín, quen se referiu a a influencia das redes sociais nas "novas tendencias de machismo", mediante estruturais patriarcales no marco dun "machismo regresivo" entre os mozos.

De tal forma, as redes sociais úsanse de forma distinta por sexos, xa que "perpetúan universos diferenciais", onde "ser muller e ser home é unha cousa diferente nesta sociedade".

Este estudo pioneiro --de investigadores do Taller Permanente de Novas Masculinidades e Cambio Social do Instituto de Ciencias da Educación-- levouse a cabo entre 634 mozos de Santiago de entre 12 e 17 anos, onde se observa que a idade de inicio no emprego das redes sociais nos mozos é de 11 anos e de 12 anos nas mozas.

Existe un uso maioritario entre os adolescente de redes sociais, máis do 90% dos consultados, e García Marín chama a atención sobre o "gran poder" socializador e para a construción das identidades de xénero, "incrementándose as posibilidades de control de homes sobre mulleres".

Con todo, o coordinador do estudo remarca que o obxectivo "non é demonizar" as redes sociais, senón alertar de usos "non moi lícitos" que se producen en idades temperás, así como reflexionar sobre a súa utilización.

PERFIL DE MOZOS E MOZAS

De tal forma, o estudo arroxa un comportamento diferenciado en función de se o consultado é mozo ou moza. De tal forma, os homes usan máis Facebook, Youtube (máis do dobre que as súas compañeiras) e Twitter, mentres que elas empregan máis Whatsapp --aínda que é moi usado por ambos--, Instagram e Snapchat.

Tamén se atopan perfís nas redes esterotipados por sexos. Eles teñen fotos de deportistas, principalmente futbolistas, así como obxectos relacionados con coches ou imaxes de videoxogos. Con todo, as mozas poñen de perfil fotos "románticas", persoais, da familia ou natureza.

No tocante ao emprego das redes, os rapaces aseguran que as usan principalmente para falar coa parella, en relación con videoxogos, coñecer xente nova e evitar o aburrimento. En cambio, elas utilízanas para buscar información, traballos do colexio, transmitir sentimentos, quedar con amizades e subir fotos.

Tamén se atopan diferenzas nos dispositivos nos que se conectan, os rapaces usan máis os computadores e pasan máis tempo conectados, e as raparigas máis os móbiles.

ELAS TEÑEN MEDO AO CONTROL FRONTE E ELES A QUE OS ESPÍEN

Preguntados polos principais medos que lles producen as redes sociais, as mozas ven perigos no control de movementos, as chantaxes e a suplantación de identidade.

Estes son tres elementos vinculados á violencia machista, segundo explica o coordinador do estudo. En contraposición, os mozos de sexo masculino están preocupados pola posibilidade de ser espiados.

Grupo Correo Gallego
Ante calquera dúbida, problema ou comentario nas páxinas de Galicia Hoxe envíe un e-mail a info@galicia-hoxe.com. Titularidade e política de privacidade. Política de Cookies
Auditoría Audiencia Sites
Titulares RSS