Hemeroteca web | RSS  RSS     Luns 23.04.2018 Actualizado 13:56
El Correo Gallego Radio Obradoiro CorreoTV Anova multiconsulting

Galicia Hoxe

Noticia 1 de 1 Galicia  |   RSS - Galicia RSS

Un estudo da USC revela que cada peregrino xera até un 18% máis de emprego local que un turista

Os habitantes de municipios rurais do Camiño francés perciben que non se melloraron servizos pero non houbo recortes grazas ao este turismo

SANTIAGO. EP  | 16.04.2018 
A- A+

Un estudo realizado pola Universidade de Santiago de Compostela (USC), froito da colaboración con Turismo de Galicia, revela que cada peregrino xera até un 18 por cento máis de emprego que un turista nacional.

Concretamente, os peregrinos concentran o 2,3 por cento do gasto turístico na Comunidade, pero individualmente supoñen un impacto económico equivalente a 2,3 turistas nacionais, pola diferenza entre a estancia media, gasto medio e multiplicado.

Así, cada euro de gasto do peregrino xera até un 11 por cento máis de produto e até un 18 por cento máis de emprego. Ademais, un 80 por cento volvería como turista no futuro.

Os datos deste estudo foron presentados este luns polo director do traballo xunto a Dolores Riveiro, Melchor Fernández. Ambos son membros do Grupo de Análise e Modernización Económica (GAME) do Instituto Universitario de Estudos e Desenvolvemento de Galicia (Idega) da USC e o traballo foi realizado en coordinación con técnicos especialistas da área de estudos e investigación de Turismo de Galicia.

Na rolda de prensa tamén estiveron o delegado territorial da Xunta na Coruña, Ovidio Rodeiro, o director-xerente do Xacobeo, Rafael Sánchez, e o presidente da Fundación Catedral, Daniel Lorenzo, xunto con outros colectivos xacobeos e do sector turístico galego. A investigación, 'Estudo do impacto socioeconómico do Camiño de Santiago', está incluída no Plan Director do Camiño de Santiago e foi dado a coñecer este luns parcialmente.

PERCEPCIÓN POSITIVA
En xeral, a percepción dos núcleos rurais que formaron parte do estudo, comprendido entre Pedrafita do Cebreiro e Melide, mostran unha percepción positiva do impacto do Camiño de Santiago nos seus municipios.

É máis, segundo o estudo, os habitantes destes municipios, segundo as respostas dadas, non perciben "impactos negativos" no ámbito económico, como poderían ser actividades antes desenvolvidas. En todo caso, este resultado é heteroxéneo en función da poboación consultada.

Utilizando como base un gasto medio de 50 euros de cada peregrino por día, estímase un gasto total de 61.015.633 euros en total en 2014. En 2009, o Camiño Francés contaba con 4,26 por cento das prazas de Galicia, en 2017, co 8,71 por cento; mentres que das 5.036 prazas creadas entre 2009 e 2017 en Galicia, o 30 por cento foron no Camiño francés.

Así mesmo, a investigación realizada polos expertos da USC conclúe que, aínda que nos concellos que se analizaron séguese perdendo poboación, o impacto do Camiño axuda a reter a máis persoas que noutros municipios do rural galego polos que non transcorre a Ruta xacobea. É máis, nalgúns, como en Pedrafita, percíbese como "parte da solución" para fixar poboación e parar o declive demográfico.

IMPACTO SEGURIDADE SOCIAL E SOCIAL
O estudo centrouse nos concellos de Cebreiro e Melide polas súas características no Camiño, como municipio máis envellecido e máis novo e opostos en densidade poboacional. Ademais, en conto á afiliación á Seguridade Social por cada mil habitantes, todos os concellos aumentaron os inscritos salvo Monterroso.

Os residentes afirman que os camiñantes non dificultan a mobilidade nin o acceso aos diferentes servizos municipais, segundo sintetizou o autor do estudo. Con todo, sobre o impacto nos servizos, e a preguntas dos xornalistas, explicou que "son conscientes de que se non existise o Camiño" podería haber supresión.

"Non melloraron a oferta, pero (o Camiño) é un elemento moi importante para que non existise redución", explicou Melchor Fernández, quen preguntado especificamente polo impacto nos servizos sanitarios e sobre se hai algunha recomendación á Xunta, recoñeceu que a presenza de peregrinos esixe unha "planificación" para evitar unha repercusión.

E cuestionado sobre se a repercusión de implantar unha taxa turística tería efectos económicos positivos ou negativos sobre a afluencia, o autor da investigación dixo que esta cuestión tería que ser obxecto de estudo en si mesma antes de emitir unha previsión.

SUSTENTABILIDADE
Outro dos elementos analizados é a repercusión ambiental e de convivencia, parámetros que en ningún dos casos viuse como un problema. De feito, percíbense efectos positivos no que ten que ver o coidado da paisaxe, non así nos núcleos de poboación.

Na presentación do estudo, a directora de Turismo de Galicia, Nava Castro, significou que se trata de información "moi relevante e útil" para o plan director, á vez que permite ser "máis conscientes" da "relevancia" que ten o Camiño para o impacto nos ámbitos laboral, cultural, social e demográfico.

Nesta liña, o director da Fundación Catedral tamén puxo en valor este tipo de estudos, "tremendamente importantes", xa que, dixo, "ás veces coñécese máis a historia" do Camiño que hoxe en día a repercusión que ten. Ao seu xuízo, é "importante" saber a "realidade" do Camiño no seu conxunto e "o económico --engadiu-- ten gran relevancia".

Grupo Correo Gallego
Ante calquera dúbida, problema ou comentario nas páxinas de Galicia Hoxe envíe un e-mail a info@galicia-hoxe.com. Titularidade e política de privacidade. Política de Cookies
Auditoría Audiencia Sites
Titulares RSS