Hemeroteca web  |  RSS  RSS
Martes 22.05.2012  | Actualizado 12.06

El Correo Gallego Radio Obradoiro CorreoTV Tierras de Santiago Anova multiconsulting
Galicia Hoxe
Santiagoteespera.com
[Noticia 1 de 1] Galicia  |  RSS - Galicia RSS

Un galego do CSIC participa nunha expedición que estuda na Antártida o cambio climático

08.02.2012  Empezou o 7 de xaneiro e concluirá o 12 de marzo, está organizada polo Alfred Wegener Institute (AWI) de Alemaña, e conta coa participación de 50 científicos nacionais e internacionais  

5.0/5 [2 Voto/s]

0
Comparte en Tuenti
Diminuír texto Aumentar texto Recomendar Imprimir Atrás

SANTIAGO

Juan Santos recollendo mostras na columna de auga FOTO: CSIC
Juan Santos recollendo mostras na columna de auga
FOTO: CSIC

Juan Santos Echeandía, investigador posdoctoral do Consello Superior de Investigacións Científicas (CSIC) no Grupo de Biogeoquímica Mariña do Instituto de Investigacións Mariñas (CSIC,Vigo) é o único representante por Galicia na campaña internacional Eddy Pump, organizada polo Alfred Wegener Institute for Polar and Marine Research e que se desenvolve no Océano Austral desde principios de xaneiro e até mediados de marzo.

Na campaña, participan 50 científicos nacionais e internacionais de diversos organismos de investigación, como o CSIC, o AWI ou o Max Planck Institute, e universidades (Illas Baleares, Autónoma de Barcelona, Bremen, Austral de Valdivia, Liverpool...).

Os científicos (biólogos, geólogos, físicos, químicos?) están a realizar unha investigación interdisciplinar para estudar as diferentes comunidades (provincias biogeográficas) do Océano Austral e a súa eficiencia no transporte de CO2 desde a atmosfera cara ao océano profundo en función dos nutrientes dispoñibles na columna de auga.

O grupo de traballo no que se atopa integrado Juan Santos (CSIC) liderado por Luís Laglera (Universidade das Illas Baleares) e financiada a través dunha Acción Complementaria do Ministerio de Ciencia e Innovación (MICINN), dedícase a investigar o papel do ferro (micronutriente limitante nestas augas) no intercambio de CO2 entre o Océano Austral ?peza crave do mecanismo que regula o clima da Terra- e a atmosfera, así como a súa relación co cambio climático.

?O Océano Austral ocupa unha enorme superficie do globo terráqueo, co que xoga un papel primordial a escala global no transporte de calor e no ciclo de elementos biogénicos (carbono, nutrientes?) debido a que recibe da Diverxencia Antártica o afloramiento de augas profundas do resto dos océanos ricos en nutrientes?, explica Juan Santos (CSIC).

?Por tanto, nestes momentos, unha das liñas de investigación da comunidade científica é constatar se pode cambiar de ser un sumidoiro a unha fonte de CO2 no futuro baixo o impacto de cambio global, xa que diversos programas de fertilización artificial por ferro mostraron a produción de blooms fitoplanctónicos de diversos tipos coa consecuente retirada de carbono desde a atmosfera cara ao océano profundo. Pola nosa banda, o que estamos a facer durante esta campaña é medir os fluxos verticais provocados por eventuais fertilizaciones de ferro naturais procedentes do desxeo ou do efecto illa?, indica Juan Santos (CSIC).

Cronoloxía da campaña

Os científicos partiron o 7 de xaneiro desde Cidade do Cabo a bordo do buque oceanográfico alemán Polarstern, un dos máis avanzados do mundo e un auténtico laboratorio flotante.

A campaña, que se realiza durante os meses de verán austral ao ser a época de crecemento biolóxico no hemisferio sur, sitúase na zona entre a diverxencia antártica e a fronte subantártico, onde masas de auga afloran e interaccionan coa atmosfera antes de ser mergulladas de novo.

Nestes momentos, os científicos están a realizar mostraxes de auga oceánica e sedimento para o seu estudo e analisis. En concreto, Juan Santos, especialista no uso de métodos FIA para a análise do ferro (Fe) na auga do mar, realiza mostraxes de auga en condicións limpas (botellas especiais e laboratorio con determinadas condicións particulares) xa que debido ás baixas concentracións de Fe na zona, é moi fácil contaminar as mostras se non se teñen certas precaucións.

?A participación de científicos españois nesta campaña é unha oportunidade unica para contribuír á consolidación, nos nosos centros de investigación dunha liña de investigación como é o estudo do ciclo biogeoquímico dos metais traza na auga de mar, liña que apenas é seguida por uns poucos grupos investigadores?, valora Juan Santos quen espera, ao seu regreso ao IIM, aplicar a experiencia adquirida sobre mostraxe limpa e posterior analisis a bordo para estudar o ciclo do ferro noutras zonas como, por exemplo, a zona de afloramiento fronte ás costas galegas.

Diminuír texto Aumentar texto Recomendar Imprimir Atrás
Comparte en Tuenti Comparte en Live Spaces Comparte en Menéame Comparte en Del.icio.us Comparte en Yahoo

Escribe o teu comentario

Para escribir comentarios ás noticias, debes ser usuario rexistrado.
De non selo rexístrate agora

1000 Caracteres dispoñibles

www.galiciahoxe.com eliminará os comentarios considerados ofensivos ou que vulneren a legalidade.

Grupo Correo Gallego
Ante calquera dúbida, problema ou comentario
nas páxinas de Galicia Hoxe envíe un
e-mail a info@galicia-hoxe.com.
Titularidade e política de privacidade
Auditoría Audiencia Sites
Titulares RSS