Hemeroteca web | RSS  RSS     Mércores 28.06.2017 Actualizado 20:36
El Correo Gallego Radio Obradoiro CorreoTV Anova multiconsulting

Galicia Hoxe

Noticia 1 de 1 Galicia  |   RSS - Galicia RSS

No Rexistro da Xunta

Un grupo de alumnos entrega firmas para pedir unha moratoria na proba de lingua galega na nova selectividade

SANTIAGO. EP  | 17.04.2017 
A- A+

Un grupo de alumnos que cursaron 1º de Bacharelato no exterior entregaron unhas 2.000 firmas para pedir unha moratoria respecto da proba de lingua galega na nova selectividade, a chamada ABAU.

Os mozos entregaron varios centenares de apoios ao seu proposta este mesmo luns no Rexistro da Xunta, solicitando ademais unha reunión co conselleiro de Educación, Román Rodríguez, para exporlle o seu caso.

Segundo indican, os alumnos marcháronse no estranxeiro cando non estaba vixente a nova normativa e cunhas condicións que, en teoría, permitían a exención de lingua galega na PAU, a selectividade.

As últimas modificacións lexislativas do proceso, que se basea nas materias de 2º de Bacharelato, non contemplan esa exención para estes casos.

"Temos un exame máis co que non contabamos e que non preparamos igual", sinala a Europa Press Carmen Vázquez, unha dos 300 mozos que, calculan, estarían afectados en toda Galicia.

Neste sentido, aclarou que este colectivo non ten "ningún problema" en facer o exame, e que o único que piden é "unha moratoria" para poder "facelo outro ano", tras os "moitos cambios" normativos que se produciron en pouco tempo.

 

Grupo Correo Gallego
Ante calquera dúbida, problema ou comentario nas páxinas de Galicia Hoxe envíe un e-mail a info@galicia-hoxe.com. Titularidade e política de privacidade. Política de Cookies
Auditoría Audiencia Sites
Titulares RSS