Hemeroteca web | RSS  RSS     Luns 21.08.2017 Actualizado 18:56
El Correo Gallego Radio Obradoiro CorreoTV Anova multiconsulting

Galicia Hoxe

Noticia 1 de 1 Galicia  |   RSS - Galicia RSS

Un incendio forestal activo en San Sadurniño afecta a máis de 20 hectáreas

Nos labores de control participan un axente, tres brigadas e cinco helicópteros

SANTIAGO. EP  | 19.04.2017 
A- A+

A Consellería do Medio Rural informou este mércores dun incendio forestal activo na parroquia de Santa Mariña do Monte, no municipio coruñés de San Sadurniño.

Segundo informou o departamento autonómico, o lume iniciouse ás 17,54 horas deste mércores e, segundo as estimacións provisionais, a superficie afectada supera as 20 hectáreas.

Nos labores de control participan un axente, tres brigadas e cinco helicópteros.

A Consellería do Medio Rural lembrou que permanecen prohibidas as queimas dos restos agrícolas e forestais ata novo aviso.

Grupo Correo Gallego
Ante calquera dúbida, problema ou comentario nas páxinas de Galicia Hoxe envíe un e-mail a info@galicia-hoxe.com. Titularidade e política de privacidade. Política de Cookies
Auditoría Audiencia Sites
Titulares RSS