Hemeroteca web  |  RSS   RSS
Martes 30.09.2014  | Actualizado 21.29

El Correo Gallego Radio Obradoiro CorreoTV Terras de Santiago Anova multiconsulting
Noticia 1 de 1 Galicia  |   RSS - Galicia RSS

Un investigador de Vigo traballa nun equipo que desenvolve un sistema de criptografía cuántica a proba de 'hackers'

VIGO. EP  | 10.04.2012 
A- A+

O profesor do grupo de Antenas, Radar e Comunicacións Ópticas da Universidade de Vigo, Marcos Curty, traballa --xunto con investigadores da Universidade de Toronto-- no desenvolvemento dun sistema de criptografía cuántica que é inmune ao ataque dos 'hackers' informáticos.

Este sistema, que utiliza as propiedades mecánico-cuánticas da luz para a transmisión de información e comunicacións, desenvolveuse salvando as dificultades que poidan ter os detectores ópticos do receptor --que ata agora foron o punto débil do proceso, permitindo aos piratas vulnerar os sistemas comeciales--.

Así, este equipo de investigadores logrou desenvolver un sistema que salva eses posibles problemas, e que permite a transmisión de datos confidenciais de forma segura a través de canles abertas, como Internet.
Este estudio, que foi publicado na 'Physical Review Letters' da Sociedade Americana de Física, ten aplicacións en campos como as transaccións bancarias directas ou comerciais, as comunicacións militares, ou a distribución segura de documentos gobernamentais.

Escribe o teu comentario

Para escribir comentarios ás noticias, debes ser usuario rexistrado. De non selo rexístrate agora

1000 Caracteres dispoñibles

www.galiciahoxe.com eliminará os comentarios considerados ofensivos ou que vulneren a legalidade.

Grupo Correo Gallego
Ante calquera dúbida, problema ou comentario
nas páxinas de Galicia Hoxe envíe un
e-mail a info@galicia-hoxe.com.
Titularidade e política de privacidade. Política de Cookies
Auditoría Audiencia Sites
Titulares RSS