Hemeroteca web | RSS  RSS     Luns 11.12.2017
El Correo Gallego Radio Obradoiro CorreoTV Anova multiconsulting

Galicia Hoxe

Noticia 1 de 1 Galicia  |   RSS - Galicia RSS

Un libro recompila 270 cartas do expresidente da RAG Sebastián Martínez-Risco con galegos no exterior

A publicación busca un "recoñecemento" ao que foi responsable da institución académica entre os anos 1969 e 1977

A CORUÑA. EP  | 01.02.2017 
A- A+

Unha obra recompila 270 cartas escritas ou remitidas entre os anos 1942 e 1947 por Sebastián Martínez-Risco, xurista e expresidente da Real Academia Galega, con diversos galegos no exterior, entre os que se atopan figuras do talle de Eduardo Blanco Amor, Xosé Neira Vilas ou Luis Seoane, ademais de Isaac Díaz Pardo, entre outros.

Así o expuxeron en rolda de prensa o propio Xesús Alonso Montero, presidente da RAG, e o autor desta edición, o profesor Xosé Ramón Freixeiro Mato, os que destacaron que a publicación busca un "recoñecemento" ao que foi responsable da institución académica entre os anos 1969 e 1977.

"Foi un pai da patria no sentido de patria da nobreza", resumiu o presidente da RAG. De feito, a presentación da publicación coincidiu coa homenaxe ao xurista que terá lugar esta tarde na sede da institución académica.

Xunto a eles, estiveron o vicepresidente da Deputación de A Coruña, Goretti Sanmartín, entidade que se encargou da edición da obra. A responsable provincial subliñou que este libro reflicte "o traballo que se fixo dende o exterior pola cultura galega".

O autor do libro remarcou, ademais, que a correspondencia foi tamén con persoas que "actuaban como embaixadores de Galicia no mundo, pero tamén con franceses ou ingleses que sentían cariño" pola cultura galega".

Grupo Correo Gallego
Ante calquera dúbida, problema ou comentario nas páxinas de Galicia Hoxe envíe un e-mail a info@galicia-hoxe.com. Titularidade e política de privacidade. Política de Cookies
Auditoría Audiencia Sites
Titulares RSS