Hemeroteca web | RSS  RSS     Xoves 23.11.2017 Actualizado 20:32
El Correo Gallego Radio Obradoiro CorreoTV Anova multiconsulting

Galicia Hoxe

Noticia 1 de 1 Galicia  |   RSS - Galicia RSS

noticias cotiás

Un luxo: o 'Oasis of the Seas' en Vigo

FOTO: RF
FOTO: RF

RUTH FERNÁNDEZ  | 24.10.2014 
A- A+

O pasado sábado 18 de outubro puidemos desfrutar na cidade olívica dun espectáculo sen igual. O cruceiro máis grande do mundo facía que milleiros de persoas se achegasen ao porto de Vigo para fotografarse co grande coloso. Vinte e dous días despois de ter feito a súa primeira parada na cidade, repetíase a loucura, atracando ás oito da mañá no Peirao de Trasatlánticos. As boas temperaturas acompañaron toda a xornada, logo duns días nos que as fortes precipitacións causaron moitos problemas en Pontevedra e sobre todo nesa urbe, en Vigo, cuantificándose moitos danos, especialmente na zona de Balaídos. Ás oito da tarde a área comercial de A Laxe rexistraba un cheo absoluto. Todos queriamos ver a partida da nave máis grande, que trouxo á cidade unha boa clase de inglés práctico, na rúa e nos restaurantes e tendas.

Cun deseño espectacular, o cruceiro ofrece, entre moitas outras cousas, un carrusel clásico no chamado paseo Boardwalk, o primeiro anfiteatro en altamar, unha zona con catro piscinas e solarium, así como dez jacuzzi (dous deles colgantes, con vistas ao océano), un espazo de deportes, con simuladores de surf, tirolina, rocódromo, cancha de baloncesto de tamaño oficial, pista de patinaxe sobre xeo, campo de mini golf... Conta cun Central Park, un xardín bordeado de tendas e magníficos restaurantes, spa, ximnasio con clases de ioga e taichi, etc. Bares, salóns, discotecas, casino... Algo incrible, non? Así é o Oasis. A tripulación coa que conta o tremendo barco cífrase en 2394 persoas a bordo, para atender as necesidades dos seus pasaxeiros.

RF

FOTO: RF

Con máis de nove mil persoas a bordo, o Oasis convírtese nun espazo de multiculturalidade. Con todas as comodidades que ofrece o cruceiro o desfrute dos sentidos está garantido. A ver se recuperamos a paga extra que nos quitou o goberno de Feijoo e podemos destinala a un fin tan lícito coma este: viaxar no Oasis e recuperar a autoestima que se nos minguou ao colectivo de funcionarios dende que os políticos corruptos se cren os reis do mambo e campan ás súas anchas nos paraísos fiscais que todos os días son obxecto de noticias que enchen as páxinas da prensa. Si. Sería un bo regalo, xa o creo, o da viaxe no Oasis. E todo sen tarxetas opacas! Cos nosos cartos, cos que nos recortaron para darse eles, os incompetentes corruptos dos políticos que representan á cidadanía, a “vida padre”.

RF

FOTO: RF

Xa preto do Halloween, ou do Samaín, como prefiren algúns (tampouco por dicir Halloween son menos galega), malia ser unha “importación” a celebración desta festa, busco relatos e filmes de medo ou vencellados á temática terrorífica desta conmemoración para recomendar a algúns dos meus alumnos. Entre eles escollo un filme español, “Las brujas de Zugarramurdi”, nome co que se alude a un caso de bruxería vasca moi coñecido. A historia lévanos a Navarra, a poucos quilómetros da fronteira con Francia, cando no século XVII arredor de medio cento de veciños foron condenados pola Inquisición por practicar a bruxería. Existe un espazo co nome de Sorginen Leizea, que en euskera significa “a cova das bruxas”. Dise que a cavidade principal se chama Infernuko Erreka, na tradución regata do infierno. Parece ser que na cova se levaban a cabo ritos pagáns que ata chegaron a vencellarse ao satanismo e que o termo aquelarre ten precisamente a súa orixe en Zugarramurdi, porque xunto á gruta se atopa o Campo del Macho Cabrío ou Akelarre.

RF

FOTO: RF

O filme de Álex de la Iglesia ten como reparto a Hugo Silva, Mario Casas, Carmen Maura e Macarena Gómez, entre outros. Quédome co personaxe de Hugo Silva: un home divorciado que ten que levar consigo ao seu fillo de oito anos ao atraco que vai cometer cun compañeiro que nin dispón de coche no que fuxir co botín, unha bolsa chea de aneis de ouro. Ese personaxe aparecía magníficamente representado este pasado sábado en Vigo, a carón do Oasis, como tamén o contemplei en Lugo durante as festas de San Froilán deste ano. Unha posta en escea magnífica. Moi ben recreado, transportándonos esa mañá ao universo da película.

Ruth Fernández

Grupo Correo Gallego
Ante calquera dúbida, problema ou comentario nas páxinas de Galicia Hoxe envíe un e-mail a info@galicia-hoxe.com. Titularidade e política de privacidade. Política de Cookies
Auditoría Audiencia Sites
Titulares RSS