Hemeroteca web  |  RSS   RSS
Venres 24.10.2014  | Actualizado 13.56

El Correo Gallego Radio Obradoiro CorreoTV Terras de Santiago Anova multiconsulting
Noticia 1 de 1 Galicia  |   RSS - Galicia RSS

Un matrimonio de Mos pide un aluguer social para non verse na rúa

A Plataforma de Afectados polas Hipotecas advirte de que "non se "vai consentir" o desafiuzamento

VIGO. EP  | 10.04.2012 
A- A+

Un matrimonio de Mos (Pontevedra) reclamou este martes publicamente un aluguer social para poder seguir vivindo na súa casa, despois de que a entidade financeira coa que contraeron unha débeda hipotecaria por 141.000 euros --o Banco Popular-- subhastásea por non pagamento de cotas.

Jesús Fernández e Clara Fervenza viven na parroquia de Cela, en Mos, e teñen dúas fillas en idade de estudar, unha delas menor de idade. Segundo precisaron, os únicos ingresos de que dispoñen son 500 euros mensuais, dun traballo a media xornada dela. Jesús, que era autónomo no sector da construción, leva dous anos sen traballar.

A Plataforma de Afectados polas Hipotecas de Vigo-Tui-Baixo Miño, que avala esta parella, criticou que "o Banco Popular nunca quixo negociar" con este matrimonio, que "non se nega a pagar, só pide unha oportunidade para remontar". Por iso, sinalou o seu voceiro Carlota Pérez, a plataforma "non vai consentir de ningún xeito este desafiuzamento", que se faría efectivo a partir do 4 de maio.

Pérez sinalou que este matrimonio "só pretende conseguir un aluguer social", xa que o desafiuzamento supón "deixar na rúa e sen alternativas unha familia de catro membros". Así mesmo, lamentou a falta de disposición da entidade financeira, así como do avogado que xestionaba o caso e que "non fixo a súa función".

Este matrimonio e a plataforma que lle apoia chamaron xa a varias portas, entre elas á da alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo, e á do Valedor do Pobo, pero estas peticións de axuda non deron froitos. "Están nun desamparo total", sinalou Carlota Pérez, quen recordou que o Banco Popular "non está adherido" ao código de boas prácticas recomendado dende o Goberno para casos como este.

MOCIÓN EN VIGO

A plataforma de afectados, a través do partido cidadán Deamos o Cambio, presentou este martes no rexistro do Concello de Vigo, un escrito --que tamén foi entregado aos distintos grupos políticos-- no que se pide a aprobación dunha moción para instar o goberno a modificar a lei hipotecaria para incluír a figura da dación en pagamento.

Tamén piden medidas para evitar os desafiuzamentos por motivos económicos, e recordaron que, segundo datos non oficiais, "en Galicia se producen uns 100 desafiuzamentos diarios". "Se o Goberno rescata aos bancos, as familias teñen que ser as primeiras rescatadas", sinalaron responsables da plataforma.

Finalmente, Jesús Fernández precisou que a súa casa "non é unha vivenda de luxo", senón unha casa sen rematar nunha zona rural, que "vai quedar pechada" mentres que el, a súa muller e as súas fillas non terán "a onde ir".

Escribe o teu comentario

Para escribir comentarios ás noticias, debes ser usuario rexistrado. De non selo rexístrate agora

1000 Caracteres dispoñibles

www.galiciahoxe.com eliminará os comentarios considerados ofensivos ou que vulneren a legalidade.

Grupo Correo Gallego
Ante calquera dúbida, problema ou comentario
nas páxinas de Galicia Hoxe envíe un
e-mail a info@galicia-hoxe.com.
Titularidade e política de privacidade. Política de Cookies
Auditoría Audiencia Sites
Titulares RSS