Hemeroteca web | RSS  RSS     Mércores 28.06.2017 Actualizado 20:36
El Correo Gallego Radio Obradoiro CorreoTV Anova multiconsulting

Galicia Hoxe

Noticia 1 de 1 Galicia  |   RSS - Galicia RSS

Para non danar á organización

Un militante que participou na rifa rexistrada na asemblea de Anova pide a baixa

SANTIAGO. EP  | 20.03.2017 
A- A+

Un militante de Ourense que participou na rifa que tivo lugar durante o III Asemblea que Anova celebrou o sábado en Pontevedra pediu a baixa da formación para "non danar á organización" despois do seu comportamento.

Diso informaron a Europa Press fontes da formación nacionalista, que explicaron que o xa exmilitante, que propinou unha patada a outro membro de Anova, solicitou voluntariamente a baixa tendo en conta que os órganos da formación están en funcións e non poden tomar este tipo de decisións.

En concreto, as mesmas fontes explicaron que os órganos de dirección, ao atoparse nun proceso en funcións, non poden decidir suspender de militancia a un membro.

Ademais, tamén indicaron que a Comisión de Garantías de Anova non ten a facultade de actuar de oficio, senón que intervén tras a denuncia doutros.

 

 

 

Grupo Correo Gallego
Ante calquera dúbida, problema ou comentario nas páxinas de Galicia Hoxe envíe un e-mail a info@galicia-hoxe.com. Titularidade e política de privacidade. Política de Cookies
Auditoría Audiencia Sites
Titulares RSS