Hemeroteca web | RSS  RSS     Sábado 28.03.2020 Actualizado 20:30
El Correo Gallego Radio Obradoiro CorreoTV Anova

Galicia Hoxe

Noticia 1 de 1 Galicia  |   RSS - Galicia RSS

Un milleiro de persoas maniféstanse en Cedeira para reclamar a restitución do servizo pediátrico na localidade

Manifestantes en Cedeira pola recuperación do servizo de pediatría  - FOTO: CEDIDA
Manifestantes en Cedeira pola recuperación do servizo de pediatría - FOTO: CEDIDA

A CORUÑA. EP  | 17.02.2020 
A- A+

A xornada deste domingo estivo marcada en Cedeira pola manifestación de sanidade que levou a un milleiro de persoas, segundo os convocantes da protesta, ás rúas para reclamar a recuperación do servizo de pediatría na localidade.

A plataforma 'En Cedeira pediatra xa!' encargouse de convocar esta manifestación que neste día percorreu as rúas da vila pesqueira a berro de: 'En Cedeira pediatra xa'; unha lema para "reclamar o que é dos veciños", asegura o colectivo.

Cedeira non é a primeira poboación do territorio galego que se manifestou pola ausencia dun profesional pediátrico no centro de saúde municipal, senón que se suma ás recentes reivindicacións doutras vilas de Ferrolterra, Ortegal, A Mariña ou Costa da Morte.

Neste caso, na protesta lembrouse que dende que a pediatra que traballaba no centro de saúde se foi de baixa, "o Sergas puxo parches enviando algún día da semana un facultativo" o que acabou "derivando na ausencia total de pediatría".

"GARANTIR DEREITOS"
Para atender aos nenos do concello, os cedeirenses percorren 15 quilómetros até o municipio de Valdoviño que, a xuízo dos protestantes, está "saturado", polo que acaban desprazándose até Ferrol, a 30 quilómetros do centro de saúde que lles corresponde.

Por este motivo demandan á Xunta que se "garanta o dereito das súas fillas e fillos a recibir atención pediátrica" nos seus centros sanitarios. Para eles non é válido o argumento de que "non hai pediatras", polo que advirten que "non caerán nese enredo".

Esixen á Administración autonómica "solucións" porque "non pode haber cidadáns de primeira e de segunda" só polo feito de vivir no rural, xa que "en Cedeira tamén se pagan impostos e precísanse estes servizos".

A "revolución dos chupetes", como así destacaron os protestantes nun manifesto, "non permitirá que se xogue coa saúde" dos nenos e as nenas. "A restitución ao 100% da atención pediátrica na vila é irrenunciable e a única solución", sentenciaron.

55 MAREA BRANCA
Por outra banda, como cada mes, o colectivo 'Marea Branca' celebrou unha concentración no Obelisco da Coruña ás 12,30 horas deste domingo para protestar "contra a deterioración, o desmantelamento e a precariedade" da sanidade pública.

Censuran que "Feijóo regale por 3,5 millóns de euros o Hospital Xeral Cíes a unha compañía de sanidade privada" e por ese motivo a organizadora tachou de "ladróns" ós que queren "vender a sanidade".

 

Grupo Correo Gallego
Ante calquera dúbida, problema ou comentario nas páxinas de Galicia Hoxe envíe un e-mail a info@galicia-hoxe.com. Titularidade e política de privacidade. Política de Cookies
Auditoría Audiencia Sites
Titulares RSS