Hemeroteca web
|
RSS
Sábado 25.05.2013
| Actualizado 11.58
Un poema, pedides,
que retrate ós miserables
que nos estrangulan,
ós ditadores que nos rouban
nove meses de traballo ó ano,
traballamos nove meses,
de doce meses que ten o ano,
traballamos nove meses,
erguémonos ás sete da mañá,
recollemos de noite,
un embarazo para financiar
ós miserables que agora nos din
que vivimos por riba
das nosas posibilidades.
Quen vive por riba do ben e do mal?
Quen sufragou viaxes,
mansións, agochando os cartos
en paraísos fiscais
coa connivencia dos cínicos
que esixen aceptar recortes,
dispensar sanidade
para os que poidan pagala,
educar ós seus fillos
os catro de sempre,
que teñan un teito
baixo o que durmir
uns poucos privilexiados.
Un poema, pedides,
e non é un poema o que sae,
é unha labarada de carraxe
e de impotencia,
de lixo, dispensando,
non é un poema o que
sae cando se ven as cifras
do paro, e as colas de cáritas,
onde os banqueiros non xantan
nin buscan traballo, a ruina
a onde a insaciable avaricia
dos corruptos, farsantes,
azuis de sangue, negociantes,
preguiceiros todos nos levaron.
Que devolvan os cartos,
que sexan eles os que paguen!
Un poema, pedides, e só carraxe
pola boca, polas mans nos sae.
Diana Varela Puñal.-

Afogados na súa maioría absoluta. Por Xosé A. Gaciño
Corrupción estrutural. Por Pablo Vaamonde
Homenaxe a Nicanor Rielo Carballo. Por Xosé Lois García
Vivindo a maxia. Por Ruth Fernández
Predicadores da democracia dos caladiños. Por M. de Bran
EU e o seu federalismo unitario. Por Manuel Mera
Entre o ridículo e o esperpento. Por Joaquim Ventura
Unha de indios e galegos. Por Francisco B. González Tenreiro
Vergoña de ser medio ponferradino. Por Antonio Gutiérrez
O inteleitual Ratzinger. Por Xosé M. Rivas Troitiño
O canto da terra e os ciclos naturais. Por Xavier Castro Rodríguez
“Stop Desafiuzamentos”: Si se pode!!! Por Jorge M. de la Calle
Montefurado, solpor romano. Por Xosé Manuel Lobato
Xosé Lois García en Tedempo de Podente. Por David Otero
Alternativa Antipatriarcal: é o momento. Por Ángel Amaro
Don Avelino. Por Isidro Novo
Un poema. Por Diana Varela Puñal
Ai Carmela! Por Elías Pérez Sánchez