Hemeroteca web | RSS  RSS     Xoves 14.11.2019 Actualizado 14:45
El Correo Gallego Radio Obradoiro CorreoTV Anova

Galicia Hoxe

Noticia 1 de 1 Galicia  |   RSS - Galicia RSS

Máis do dobre que en 2017

Un total de 2.366 residentes estranxeiros en Galicia nacionalízanse en 2018

Marrocos (287 persoas), Brasil (286) e República Dominicana (285) son os tres países de nacemento máis numerosos dos nacionalizados

SANTIAGO. EP  | 11.06.2019 
A- A+

Un total de 2.366 residentes estranxeiros en Galicia adquiriron a nacionalidade española en 2018, o que supón máis do dobre que os 927 que así o fixeron en 2017.

De acordo cos datos que publica este martes o Instituto Nacional de Estatística (INE), este incremento do 155% que tivo lugar en Galicia está por riba do avance da media española --crece un 36,6%, até un total de 90.828--.

En concreto, o 2,5% dos estranxeiros residentes na Comunidade galega en 2018 adquiriron a nacionalidade. Unha taxa lixeiramente superior ao 2% da media de comunidades.

Aínda que é unha cifra moi por riba da de 2017, os nacionalizados en Galicia en 2018 están por baixo do dato alcanzado en 2016, xa que entón foron 3.948.

Dos 2.366 estranxeiros que se nacionalizaron, 1.362 son mulleres e 1.004 son homes. Por grupos de idade, o maior grupo foi entre os 35 e os 39 anos (con 338 nacionalizados). A gran maioría adquiriron a nacionalidade a través da residencia (1.929 persoas).

A MAIORÍA, DE SUDAMÉRICA
No tocante ao lugar de nacemento dos nacionalizados, a maioría é de Sudamérica (1.170), seguido Centroamérica e Caribe (523), África (436), países da UE que non son España (142) e Asia (44).

Por países de nacemento, destacan Marrocos (287 persoas), Brasil (286), República Dominicana (285), Colombia (240), Cuba (162), Perú (162), Venezuela (127) e Portugal (78).

Grupo Correo Gallego
Ante calquera dúbida, problema ou comentario nas páxinas de Galicia Hoxe envíe un e-mail a info@galicia-hoxe.com. Titularidade e política de privacidade. Política de Cookies
Auditoría Audiencia Sites
Titulares RSS