Hemeroteca web | RSS  RSS     Mércores 13.12.2017 Actualizado 17:49
El Correo Gallego Radio Obradoiro CorreoTV Anova multiconsulting

Galicia Hoxe

Noticia 1 de 1 Galicia  |   RSS - Galicia RSS

Un 46,5% máis

Un total de 3.948 estranxeiros residentes en Galicia adquiriron a nacionalidade española en 2016

O país de nacemento máis frecuente foi a República Dominicana, Colombia, Brasil e Marrocos

SANTIAGO. EP  | 05.12.2017 
A- A+

Un total de 3.948 estranxeiros nacionalizáronse en Galicia en 2016, un 46,5% máis que o ano anterior, segundo a Estatística de Adquisicións de Nacionalidade Española de Residentes (ANER) do Instituto Nacional de Estatística (INE) publicada este martes e consultada por Europa Press.

O país de nacemento máis frecuente entre as persoas residentes en Galicia que adquiriron a nacionalidade española en 2016 foi a República Dominicana, con 488 casos, e Colombia, con 484, seguido de Brasil, con 445 persoas, e de Marrocos, con 299.

Países que no pasado tradicionalmente recibiron fluxos de emigración galega rexistraron en 2016 menos casos de residentes en Galicia que adquiriron a nacionalidade española. Por exemplo, ese ano obtivérona 257 persoas nadas en Cuba, 204 que o fixeron en Venezuela, 169 orixinarias de Uruguai e 115 de Arxentina.

Dos 3.948 estranxeiros que se nacionalizaron en 2016 e que tiñan Galicia como comunidade de residencia, 2.410 foron mulleres e 1.538 foron homes.

Ademais, o grupo de idade que presenta máis adquisicións de nacionalidade foron as persoas de 35 a 39 anos de idade, con 541 casos, seguido do colectivo de 40 a 44 anos, con 417 casos.

DATOS NACIONAIS

Un total de 150.944 estranxeiros residentes en España adquiriron a nacionalidade española, unha cifra que supón un aumento do 32% respecto ao ano anterior.

O dez nacionalidades de orixe máis frecuentes foron Marrocos (37.009), Bolivia (15.802) e Ecuador (15.255), seguidas de Colombia (14.299), República Dominicana (9.176), Perú (6.933), Cuba (4.353), Arxentina (3.716), Brasil (3.427) e Paraguai (3.358). Pola súa banda, entre os países asiáticos destacou Paquistán (3.148 persoas).

O país de nacemento máis frecuente nas adquisicións de nacionalidade española foi España, con 26.563 casos, a práctica totalidade nenos menores de 10 anos. Entre os nados fóra de España, o país de nacemento máis frecuente é Marrocos, con 22.804 adquisicións de nacionalidade española.

Por sexo, o 53,3% das persoas estranxeiras que adquiriu a nacionalidade española en 2016 foron mulleres e os 46,7% homes, de idades comprendidas entre os 30 e 39 anos na súa maioría.

 

Grupo Correo Gallego
Ante calquera dúbida, problema ou comentario nas páxinas de Galicia Hoxe envíe un e-mail a info@galicia-hoxe.com. Titularidade e política de privacidade. Política de Cookies
Auditoría Audiencia Sites
Titulares RSS