Hemeroteca web | RSS  RSS     Luns 22.07.2019 Actualizado 23:12
El Correo Gallego Radio Obradoiro CorreoTV Anova

Galicia Hoxe

Noticia 1 de 1 Galicia  |   RSS - Galicia RSS

Unha empresa ourensá crea unha aplicación para que os traballadores poidan fichar co móbil

SANTIAGO. EP  | 25.06.2019 
A- A+

Unha empresa situada no Parque Tecnolóxico de Galicia-Tecnópole (Ourense) lanzou unha aplicación para que os empregados poidan fichar co móbil co obxectivo de "facilitar ás empresas e pemes o cumprimento da nova normativa de control obrigatorio da xornada laboral".

Esta ferramenta foi creada por Primux, unha empresa tecnolóxica que concibiu esta nova 'app' no seu centro de I+D ourensán. Segundo a compañía, esta fórmula evita "as aglomeracións á hora de fichar en dispositivos situados á entrada das empresas", así como "a memorización e posible extravío dos códigos de rexistro por parte dos traballadores".

A 'app' ten como novidade que permite fichar co móbil só en caso de estar a menos de cinco metros do posto de traballo, para "garantir a presenza requerida". Ademais, dispón dunha plataforma onde o administrador pode filtrar os datos do empregado, exportar informes e editar fichaxes de forma sinxela.

Por outra banda, a aplicación foi deseñada baseándose no estudo relacionado coa tecnoloxía española que utiliza nos teléfonos intelixentes.

Grupo Correo Gallego
Ante calquera dúbida, problema ou comentario nas páxinas de Galicia Hoxe envíe un e-mail a info@galicia-hoxe.com. Titularidade e política de privacidade. Política de Cookies
Auditoría Audiencia Sites
Titulares RSS