Hemeroteca web | RSS  RSS     Xoves 14.12.2017 Actualizado 20:02
El Correo Gallego Radio Obradoiro CorreoTV Anova multiconsulting

Galicia Hoxe

Noticia 1 de 1 Galicia  |   RSS - Galicia RSS

Unha petición en Internet para que se ilegalice a Fundación Franco suma xa preto de 85.000 firmas

SANTIAGO. EP  | 11.08.2017 
A- A+

Unha iniciativa realizada a través do portal de Internet Change.org que solicita a ilegalización da Fundación Francisco Franco achégase xa ás 85.000 firmas.

Na petición arguméntase que a Fundación Nacional Francisco Franco é unha entidade que ten entre os seus obxectivos a "proxección do ideario" do ditador "sobre o futuro da vida española", "enaltecer a figura de Franco", e "preservar o seu legado". Ademais, recibiu case 150.000 euros en subvencións entre 2000 e 2003.

No texto da iniciativa, recóllese que varios partidos consideran que debería ilegalizarse por "promover o odio" e "atentar contra a dignidade das vítimas", aludindo a que os represaliados polo franquismo tamén compartirían esa demanda ao entender que en Alemaña ou Italia sería inimaxinable unha "Fundación Hitler" ou unha "Fundación Mussolini".

Nesta liña, pídese unha reforma da Lei de Memoria Histórica para que as organizacións que fan apoloxía da ditadura franquista e os seus crimes sexan declaradas ilegais en España.

A iniciativa, formulada por 'infoLibre', será remitida aos grupos parlamentarios, pedindo que se modifique a actual lei.

Grupo Correo Gallego
Ante calquera dúbida, problema ou comentario nas páxinas de Galicia Hoxe envíe un e-mail a info@galicia-hoxe.com. Titularidade e política de privacidade. Política de Cookies
Auditoría Audiencia Sites
Titulares RSS