Hemeroteca web  |  RSS   RSS
Domingo 26.05.2013  | Actualizado 02.18

El Correo Gallego Radio Obradoiro CorreoTV Terras de Santiago Anova multiconsulting
Noticia 1 de 1 Galicia  |   RSS - Galicia RSS

Unha plataforma ecoloxista denuncia o uso de pesticidas "tóxicos" na limpeza da Muralla de Lugo

LUGO. EP  | 02.08.2012 
A- A+

A recentemente constituída Plataforma Muralla Viva, integrada por varios colectivos ecoloxistas de Lugo, denunciou o emprego de pesticidas "tóxicos" na limpeza deste monumento declarado Patrimonio da Humanidade. En concreto, denuncian o uso de glisofato.

Unha das portavoces, Bárbara Seco, relatou que tivo que chamar a atención aos operarios da empresa á que a Xunta encargou os traballos de limpeza do monumento romano porque o pasado 31 de xullo estaban fumigando sen un muro de "contención" para evitar que por esa zona, na porta de San Fernando, pasase xente.

Ademais de alertar sobre os riscos non só para a saúde humana, senón tamén a ambiental e animal, dixo que non podían estar fumigando porque se había levantado aire, e vai en contra das recomendacións que fan as organizacións médicas. A Plataforma Muralla Viva insta á Xunta a que a limpeza se acometa de forma manual.

Pola súa banda Montse Lombardía, de Adega, concretou que o produto que se emprega, Roundup Plus, está "especialmente contraindicado contra mulleres embarazados, nenos, maiores" e en xeral "para calquera que padeza algunha inmudeficiencia".

Ademais, sostivo que a súa exposición está relacionado con "diversas enfermidades emerxentes e así, o glisofato relaciónase con linfomas Non-Gokinn, malformacións, enfermidades endocrinas, dexenerativas do sistema nervioso, alerxias e outras", segundo dixo.


Escribe o teu comentario

Para escribir comentarios ás noticias, debes ser usuario rexistrado. De non selo rexístrate agora

1000 Caracteres dispoñibles

www.galiciahoxe.com eliminará os comentarios considerados ofensivos ou que vulneren a legalidade.

Grupo Correo Gallego
Ante calquera dúbida, problema ou comentario
nas páxinas de Galicia Hoxe envíe un
e-mail a info@galicia-hoxe.com.
Titularidade e política de privacidade
Auditoría Audiencia Sites
Titulares RSS