Hemeroteca web | RSS  RSS     Luns 22.07.2019 Actualizado 13:26
El Correo Gallego Radio Obradoiro CorreoTV Anova

Galicia Hoxe

Noticia 1 de 1 Galicia  |   RSS - Galicia RSS

NATUREZA

Unha tese afonda na subespecie diferenciada do lobo na comunidade

O "canis lupus gallaicus" , que se refire á Gallaecia romana, caracterízase por ter un cranio máis ancho e unha pelaxe escura ·· O estudo achega datos para que a poboación poida ser aceptada no estranxeiro

ÁNGEL ARNÁIZ . LUGO   | 29.03.2010 
A- A+

¿Existe un lobo autóctono ga­laico? ¿Pode presumir a nosa fauna dun lobo made in Gali­cia? ¿Son xenuínos os 600 cá­nidos salvaxes que se reparten polo mapa galego? Parece que, en sentido estrito, non. Polo menos iso é o que se desprende da tese Morfoloxía e sistemática do lobo ibérico presentada na Universidade de Santiago por Roberto Jesús Hermida Loren­zo, e dirixida polo catedrático de Parasitoloxía da Facultade de Farmacia da USC Manuel Sanmartín Durán.

Os diferentes apartados do traballo de Hermida Loren­zo, segundo explica, tratan de ca­racterizar o desen- volvemento cranial e corporal, as diferenzas exis­tentes entre sexos e a variabi­lidade xeográfica do lobo en Eu­ropa. O principal resultado do estudo é a constatación de que a poboación do lobo ibéri­co está morfoloxicamente dife­renciada, "algo que non descobre a tese", precisa Hermida. Engade, con todo, que o traballo achega datos e enfoques novido­sos que espera que "sirvan para que a inclusión da poboación ibérica de lobos nunha subespe­cie diferenciada sexa aceptada no estranxeiro".

O nome que propón Her­mida Lorenzo para esa subepe­cie, que se localiza no cadran­te noroccidental da Península Ibérica, é Canis lupus gallaicus. Puntualiza que o epíteto gallai­cus "non se refire a Galicia, senón á Gallaecia romana".

A tese conclúe que os cá­nidos salvaxes da franxa non­roccidental ibérica, na que figura Galicia, se distinguen doutras subespecies pola súa pelame máis escura e contrastado que noutras poboacións europeas e un cranio proporcionalmente máis ancho. Por iso, Hermida Lorenzo propón que se debe con­siderar os cánidos salvaxes da zona referida como subespe­cie diferenciadas da nominal, de modo que quede patente a súa singularidade, e cre necesario que se lle asigne unha nova denominación.

A CERNA

Conservación do seu hábitat

Hermida avoga por políticas serias de investigación, xestión do hábitat e conservación do lobo, e defende a vella relación única existente en Galicia entre os cánidos e os cabalos salvaxes, que depredan.

Grupo Correo Gallego
Ante calquera dúbida, problema ou comentario nas páxinas de Galicia Hoxe envíe un e-mail a info@galicia-hoxe.com. Titularidade e política de privacidade. Política de Cookies
Auditoría Audiencia Sites
Titulares RSS