Hemeroteca web | RSS  RSS     Domingo 26.04.2020 Actualizado 00:00
El Correo Gallego Radio Obradoiro CorreoTV Anova

Galicia Hoxe

Noticia 1 de 1 Galicia  |   RSS - Galicia RSS

Unha tradución ao galego gaña por primeira vez o premio da Asociación Española de Estudos Anglo-Americanos

VIGO. EP  | 02.12.2011 
A- A+

A tradución da obra 'Beowulf' ao galego, elaborada por un profesor da Universidade de Vigo, gañou por primeira vez o premio da Asociación Española de Estudos Anglo-Americanos. De feito, esta é a primeira ocasión que o organismo outorga o seu galardón nacional a unha obra nunha lingua do país distinta do español.

A versión galega do clásico da literatura medieval 'Beowulf' foi realizada polo profesor do Departamento de Filoloxía Inglesa, Francesa e Alemá, Jorge Luís Bueno, quen a traduciu do inglés antigo.

Co seu premio --que ten 25 anos de existencia--, a Asociación Española de Estudos Anglo-Americanos ten o obxectivo de promover a tradución e estimular aos tradutores que, sen ser profesionais, realicen unha obra de certa envergadura, caracterizada pola seriedade, o rigor científico e a calidade literaria.

Grupo Correo Gallego
Ante calquera dúbida, problema ou comentario nas páxinas de Galicia Hoxe envíe un e-mail a info@galicia-hoxe.com. Titularidade e política de privacidade. Política de Cookies
Auditoría Audiencia Sites
Titulares RSS