Hemeroteca web | RSS  RSS     Xoves 23.05.2019 Actualizado 12:54
El Correo Gallego Radio Obradoiro CorreoTV Anova

Galicia Hoxe

Noticia 1 de 1 Galicia  |   RSS - Galicia RSS

Unidas Podemos reclama un plan integral de descontaminación do lindano no Porriño

PONTEVEDRA. EP  | 13.05.2019 
A- A+

A candidata de Unidas Podemos Cambiar Europa, Vanessa Angustia, demandou no Porriño (Pontevedra) un Plan Integral de descontaminación do lindano, ante o "abandono dos poderes públicos".

Nun acto de campaña, no que estivo acompañada por Pedro Ocampo, candidato á alcaldía de EU Son Porriño, lembrou que Esquerda Unida trasladou tanto á Xunta como á Comisión Europea a súa preocupación debido á necesidade de adoptar medidas ante o problema derivado desta pesticida.

Vanessa Angustia remarcou que existen medios dispoñibles para que as comunidades autónomas planifiquen estratexias de descontaminación e denunciou a "desidia da administración, que non fixo ningunha actuación efectiva para eliminar os residuos do lindano".

"Preguntámonos: Hai diñeiro, hai proxecto... para cando un plan integral de descontaminación de lindano que garanta a saúde das persoas do Porriño?", cuestionou Angustia.

Grupo Correo Gallego
Ante calquera dúbida, problema ou comentario nas páxinas de Galicia Hoxe envíe un e-mail a info@galicia-hoxe.com. Titularidade e política de privacidade. Política de Cookies
Auditoría Audiencia Sites
Titulares RSS