Hemeroteca web | RSS  RSS     Xoves 15.11.2018 Actualizado 21:14
El Correo Gallego Radio Obradoiro CorreoTV Anova

Galicia Hoxe

Noticia 1 de 1 Galicia  |   RSS - Galicia RSS

Uns 100.000 empregados públicos de Galicia beneficiaranse en setembro do aumento salarial do 0,25%

SANTIAGO. EP  | 13.09.2018 
A- A+

A Xunta implementará na nómina de setembro unha subida salarial adicional do 0,25% a uns 100.000 galegos cuxas retribucións proceden de fondos públicos. Con esta orde, publicada este xoves no Diario Oficial de Galicia (DOG), conclúese o aumento do 1,75% que acordou o pasado mes de marzo o Ministerio de Facenda cos sindicatos CC.OO., UXT e CSIF.

En concreto, tal e como explicou a Consellería de Facenda nun comunicado, entre os beneficiarios estarán incluídos os máis de 87.000 empregados que traballan en servizos públicos autonómicos, o que tamén inclúe ás universidades públicas e aos centros de educación concertada.

Así, para cada traballador, isto suporá uns 2.800 euros máis até o ano 2020, que se unen aos 660 euros de media dos incrementos xa aplicados en 2016 e 2017. En total, serán 3.500 euros por empregado a finais de 2020.

O acordo ratificado en marzo estableceu unha subida salarial para o ano 2018 que é produto da suma dun 1,5% fixo e unha 0,25% variable sobre a nómina do 31 de decembro de 2017. Esta última porcentaxe estaba condicionada ao cumprimento por parte do Estado do obxectivo de evolución do PIB correspondente ao exercicio anterior.

Deste xeito, a Consellería de Facenda aplica desde o mes de xullo o incremento do 1,5% nas nóminas dos empregados públicos, despois de que os Orzamentos Xerais do Estado para 2018 entrasen en vigor e permitisen a súa aplicación.

O aumento tivo efectos desde o 1 de xaneiro de 2018 e, por iso, a Xunta tamén incluíu na nómina de xullo un pago adicional duns 250 euros de media correspondente á aplicación da subida entre xaneiro e xullo.

 

Grupo Correo Gallego
Ante calquera dúbida, problema ou comentario nas páxinas de Galicia Hoxe envíe un e-mail a info@galicia-hoxe.com. Titularidade e política de privacidade. Política de Cookies
Auditoría Audiencia Sites
Titulares RSS