Hemeroteca web | RSS  RSS     Xoves 14.11.2019 Actualizado 14:45
El Correo Gallego Radio Obradoiro CorreoTV Anova

Galicia Hoxe

Noticia 1 de 1 Galicia  |   RSS - Galicia RSS

Uns 120 transportistas parten das Pontes cara a Madrid para manifestarse ante o Congreso

Camioneiros saen rumbo a Madrid para asistir á protesta en defensa da central térmica de Endesa, nas Pontes
 - FOTO: EUROPA PRESS
Camioneiros saen rumbo a Madrid para asistir á protesta en defensa da central térmica de Endesa, nas Pontes - FOTO: EUROPA PRESS

FERROL. EP  | 16.10.2019 
A- A+

Uns 120 transportistas partiron sobre as 15,30 horas deste martes, desde As Pontes (A Coruña), en dirección a Madrid, para manifestarse este mércores, día 16, a partir das 16,00 horas, antes o Congreso dos Deputados.

Esta é unha acción de protesta que foi convocada polo grupo de traballo constituído nesta localidade, formado por partidos políticos, sindicatos e entidades empresariais e comerciais, para evitar o peche da central térmica de Endesa.

A previsión dos transportistas é facer noite en Villalpando (Zamora), para continuar viaxe até a capital do Estado xa o mércores, e unirse ao resto de persoas en Madrid.

Fontes do Concello das Pontes trasladaron a Europa Press que serán vinte os autobuses que teñen previsto saír ás 9,00 horas desde a estación de autobuses da localidade, con 1.200 veciños, aos que hai que sumar todos aqueles que decidiron viaxar en vehículos particulares, xa que teñen constancia de que moitos amigos e familiares han decido unirse e facer deste xeito o traslado.

XORNADA DE FOLGA XERAL
Para este mércores está convocada unha xornada de folga xeral nas Pontes, co fin de facilitar desta maneira a posibilidade de desprazamento, sendo varios os alcaldes de Ferrolterra, Eume e Ortegal que confirmaron a súa presenza nesta acción de protesta.

Tamén asociacións empresariais como a Confederación de Empresarios de Ferrolterra, Eume e Ortegal (COFER), a Asociación de Empresarios de Ferrolterra (AEF), ademas da Asociación de Comerciantes, Hostaleiros e Empresarios Ponteses(COHEMPO) mostraron o seu apoio e reclaman a continuidade da maior central térmica do país, a nivel de potencia.

Ademais, o grupo de traballo convocante desta xornada de folga e da manifestación ten previsto manter varios encontros de traballo con representantes de varios grupos parlamentarios aos que lles exporán a situación.

Nesta concentración tamén teñen previsto participar veciños doutras localidades con centrais térmicas, como os de Carboneras (Almería), Cubillos del Sil (León) e Andorra (Teruel).

Grupo Correo Gallego
Ante calquera dúbida, problema ou comentario nas páxinas de Galicia Hoxe envíe un e-mail a info@galicia-hoxe.com. Titularidade e política de privacidade. Política de Cookies
Auditoría Audiencia Sites
Titulares RSS