Hemeroteca web | RSS  RSS     Domingo 20.05.2018 Actualizado 12:20
El Correo Gallego Radio Obradoiro CorreoTV Anova multiconsulting

Galicia Hoxe

Noticia 1 de 1 Galicia  |   RSS - Galicia RSS

Uns 2.090 escolares de 42 centros da Coruña e Lugo resultan afectados pola neve na rede viaria

SANTIAGO. EP  | 08.02.2018 
A- A+

Un total de 2.098 alumnos de 42 centros educativos das provincias de Lugo e A Coruña resultaron afectados este xoves pola presenza de neve na rede viaria galega e en tres colexios lucenses suspenderon as clases.

Segundo os datos facilitados pola Consellería de Educación a Europa Press, na provincia de Lugo resultaron afectados 1.923 estudantes de 36 centros, dos cales tres suspenderon as clases --o CEIP Ramón Falcón e IES da Terra Chá, José Trapero Pardo en Castro de Rei e o CEIP O Salvador na Pastoriza--.

Entre a vintena de localidades lucenses con centros afectados inclúense Mondoñedo, A Pontenova, Abadín, Begonte, Castro de Rei, Castroverde, Guitiriz, Lugo, Meira, Muras, Pol, Riotorto, Vilalba, Xermade, Baleira, A Fonsagrada e Pedrafita do Cebreiro.

Mentres, na provincia da Coruña resultaron afectados este xoves 175 estudantes de seis centros educativos nos municipios de Aranga --CEIP da Castellana--, Curtis --CEIP de Teixeiro--, Monfero --CPI plurilingüe Virxe da Cela--, As Pontes de García Rodríguez --CEIP Plurilingüe A Magdalena e IES Moncho Valcarce-- e As Somozas --CEIP da Igrexa--.

Grupo Correo Gallego
Ante calquera dúbida, problema ou comentario nas páxinas de Galicia Hoxe envíe un e-mail a info@galicia-hoxe.com. Titularidade e política de privacidade. Política de Cookies
Auditoría Audiencia Sites
Titulares RSS